Corpo/Palabra/Silencio/Signo
Mt 13, 1-9
Cantiga:
SAÍU SEMENTAR O LABREGO
SEMENTE DE LUZ E DE VIDA
SAÍU SEMENTAR O LABREGO
SEMENTE DE PAN, SEMENTE DE VIDA.
Sábete terra,
terra amada,
terra bendicida,
terra sementada.
Sábete terra,
todo, toda ti feita terra.
Ábrete
como a terra se abre;
déixate ferir
pola tenrura agreste do arado.
Déixate riscar
pola grade da vida,
déixate amolecer
polo rastro da comunidade.
Faite suco e cal,
terra donda,
entraña de semente.
SAÍU SEMENTAR O LABREGO
SEMENTE DE PAZ EN XUSTIZA,
Sábete terra sementada
polo Pai de todas as sementes,
pola Nai de todos os imposibles.
Contémplate
como terra sementada.
Agradécete
como terra fecundada.
Gózate,
como terra esperanzada.
Cala,
acolle,
sen reservarte nada.
E Deus dirá.
Soamente el.
Soamente el.
SAÍU SEMENTAR O LABREGO
SEMENTE DE PAZ, DE PAZ EN XUSTIZA.
Facémonos eco cordial dalgunha palabra ou xesto do Evanxeo ou da reflexión anterior.
Silencio contemplativo: Durante 5 minutos, coa semente entre as palmas das mans, estamos en silencio, a expensas de Deus, no que estamos.
Despois compartimos algún desexo, expectativa. Rematamos dándonos ánimos e un abrazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.