Lavar os pés
"Logo, se eu o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavarvos os pés uns a outros" (Xn 13,14).
- Lavar os pés é amar o veciño, a veciña.
- Lavar os pés é acoller e respectar, coa palabra, cos feitos.
- Lavar os pés é pensar nos demais con ideas de ben.
- Lavar os pés é comprender e perdoar.
- Lavar os pés é facer nosas as penas e bágoas da xente que nos rodea.
- Lavar os pés é servir, axudar, colaborar.
- Lavar os pés é dar do que é dun para que medre o que é común.
- Lavar os pés é visitar o obsequiar o veciño, a veciña.
- Lavar os pés é xuntarse, unirse, organizarse, asociarse, para solucionar mellor os problemas do pobo.
- Lavar os pés é falar, compartir as ideas, a vida, os traballos, as ilusións.
- Lavar os pés é dar da propia alegría para que medre a alegría de todos e todas.
- Lavar os pés é renunciar á propia comodidade para aliviar o cansazo alleo.
- Lavar os pés é coñecer e recordar os nomes da xente e envolver no amor os seus pasos todos.
- Lavar os pés é gravar a vida do irmán ou irmá no propio corazón.
- Lavar os pés é dicirlle a quen nos acompaña: quérote, quérote ata a fin.
- Lavar os pés é inclinarse humilde e reverente ante a súa sucidade e, sen máis, simplemente, lavarlle os pés.
"Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades tamén vós" (Xn 13, 15).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.