Lecturas:
- TORRES QUEIRUGA, A., A Eucaristía, encontro vivo co Señor. (do material entregado pola Escola de Espiritualidade)
Preguntas para motivar e orientar a lectura:
- Por que che parece que a Eucaristía é o sacramento central?
- Cando pensabas/pensas que Cristo se fai presente na Eucaristía?
- Se Cristo está sempre presente, que significa a "consagración"? Observa os xestos dos distintos sacerdotes á hora de consagrar: a onde dirixen os seus ollos e as súas palabras? Por que será?
- Son iguais todas as presenzas de Cristo? En que se diferencian?
- Que che parece o cambio na denominación "corpo místico" de Cristo: antes, Eucaristía; agora, Igrexa?
- Significado e práctica da "comuñón": pan e viño, Cristo, os demais, o mundo. Relaciona con isto o antigo "ite, missa est"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.