Lecturas:
- TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora. SEPT, 1996,
-- Deus crea por amor (Cap. II, páxs. 69-91)
-- Moral e teonomía (Cap. IV, páxs. 163-200)
- LOUIS EVELY, Tú me haces ser. Sal Terrae.1990.
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
- Cando traballas, descansas, vas ao cine…, pensas que Deus está contento por iso ou que non lle importa, porque o importante é rezar, ir á misa, facer “obras boas”? Non se trata de contestar coa cabeza (coas ideas que descorro como debe ser), senón co corazón, coa reacción espontánea durante a vida ordinaria.
- Realmente, cando algo che sae ben, sentes que Deus está aí contigo, contento? Compara cos casos en que algo che sae mal, hai desgraza ou sufrimento.
- Se che pregunta alguén: “por qué non debemos roubar”, que lle contestas ou contestarías de maneira espontánea?
- Realmente, pensas que sen moral non serías máis feliz, facendo o que che dá a gana, sen mandamentos nin imposicións? Contesta desde a vida.
- Cando se trata de moral, de portarse ben, de ser honrado ou honrada en situacións difíciles que van contra o propio interese, sentes a Deus como un xuíz que te xulga ou como unha compañía que te axuda a portarte ben e a comprenderte aínda que faltes?
- Se de repente chegaras á convicción de que Deus non existe, a túa conduta moral sería a mesma ou distinta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.