Profetas e profetisas caladas: anuncio e denuncia.
“A presenza de Deus hoxe tamén se chama rohingya”
Empezamos tomando conciencia da nosa presenza en Deus. Pechamos os ollos, se queremos. Sentimos o noso corpo todo…, a nosa mente toda …, o noso sentir todo…, pero acalamos todo ese noso ser e atendemos ao Deus no que moramos. Todo o noso ser está fixo nel, orientado a el, centrado nel.
1.- Cantiga
SEÑOR, DEUS NOSO, QUE ADMIRABLE É O TEU NOME
EN TODA A TERRA, EN TODA A TERRA!
E estamos un pequeno tempo en silencio.
Grazas, meu Deus, por nos quereres tanto,
por ofrecernos un oco no teu seo,
por achegarnos a ti para contarnos
os teus soños para nós, os teus segredos.
Grazas, meu Deus, por te facer presente
na xente soa, fráxil e oprimida;
de nada, de ninguén te fas ausente;
son @s orf@s dos teus ollos a meniña.
Grazas, meu Deus, que sempre nos esperas
na dor do débil que por ti agarda,
a túa man na nosa ti lle achegas,
tamén co noso abrazo ti o abrazas.
Grazas, meu Deus, por nos quereres tanto,
e enredarnos con pracer nos teus amores,
abrindo o noso ser ao gozo santo
de servirte e adorarte nos teus pobres.
Grazas, meu Deus, Señor das profecías
que visten de mil cores e esperanzas
o humilde camiñar de cada día,
ata o tempo sen tempo da gran danza.
3.- Memoria solidaria
Traemos agora á nosa oración a aquelas persoas ou grupos que son para nós profecía calada: anuncio e denuncia de parte de Deus.
Cada pouco contestamos con esta cantiga:
MIRA, MEU DEUS,
AQUÍ ESTOU PARA QUERERTE,
ESTAS MANS,
ESTAS MANS
PARA SERVIRTE
EN QUEN MÁIS PRECISE DELAS.
4.- Noso Pai/Nai, en quen somos e vivimos...
5.- Renovación do nomeamento profético bautismal
Recorda N. que polo bautismo Deus te fixo o seu profeta / a súa profetisa. Vive, logo, o que ti es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.