Por Manuel Regal Ledo
MEMBROS DE CRISTO SACERDOTE, PROFETA E REI.
Ritual do Bautismo. Ritos explicativos (unción co santo crisma, vestidura branca, Effetá)
Unción co santo crisma
Deus todopoderoso, Pai do noso Señor Xesucristo, que vos librou do pecado e vos rexenerou pola auga e polo Espírito Santo, únxevos agora co crisma da salvación, para que, agregad@s ao seu pobo, consigades a vida eterna, permanecendo membros de Cristo sacerdote, profeta e rei.
1.- Introdución
Canto:
ERGO OS MEUS OLLOS CARA AOS MONTES,
DE ONDE ME VAI VIR A AXUDA,
VAIME VIR DO SEÑOR DEUS
QUE FIXO E CEO E MÁIS A TERRA.
VAIME VIR DO SEÑOR DEUS
QUE FIXO O CEO E MÁIS A TERRA.
2.- Revisión de cada unha das funcións: sacerdote-sacerdotisa.
Lectura: Xn 4, 39-42 Comentario. Silencio
Canto:
QUERO ESTAR AO TEU LADO, MEU DEUS (3)
Salmo
Alma miña, bendí o Señor
e todo o meu ser, o seu santo nome!
El perdoa as túas culpas
e sanda as túas doenzas;
rescata a túa vida da morte
e coróate de amor e de tenrura;
farta de bens a túa existencia
e renova coma a da aguia a túa mocidade.(Sl 103, 1.3-5)
3.- Revisión de cada unha das funcións: profeta-profetisa.
Lectura: Lc 4, 16-21 Comentario. Silencio.
Canto:
O AMOR É O MEIRANDE / DOS DONS QUE NOS VEÑEN DE DEUS,
O AMOR É O SERVIZO / QUE A TODOS NOS CÓMPRE VIVIR.
Salmo
Alma miña, bendí o Señor
e todo o meu ser, o seu santo nome!
O Señor é misericordioso e clemente,
paciente e rico en tenrura.
Non está sempre acusando,
nin é o seu anoxarse coa xente.
Non nos trata conforme os nosos erros,
nin nos paga conforme as nosas culpas. (Sl 103, 1.8-10)
4.- Revisión de cada unha das funcións: rei-raíña
Lectura: 1Cor 12, 4-11 Comentario. Silencio.
Canto:
MANDAS O TEU ESPÍRITO, MANDAS O TEU ESPÍRITO,
MANDAS O TEU ESPÍRITO, E RENOVAS O ROSTRO DA TERRA
Salmo
Alma miña, bendí o Señor
e todo o meu ser, o seu santo nome!
Canto se alza o ceo sobre a terra,
así é grande o seu amor con todo o mundo;
canto dista o nacente do poñente,
así arreda de nós as nosas culpas;
canto unha nai ama os seus fillos,
así ama o Señor a todas as súas criaturas.(Sl 1, 11-13)
5.- Breve recapitulación da revisión que acabamos de facer
(pódese cantar coa música de “onda ti, noso Pai, á tardiña)
Convidad@ por ti no silencio
a medrar en historias de amor,
cantas veces, meu Deus, cos meus feitos,
egoísta ao teu plan dixen non.
Empuxad@o coa túa palabra
a anunciar con limpeza e vigor
profecías que o pobre alentaran,
eu, covarde, furtei esa voz.
Fuches ti o que me empoderaches
para ser eficaz servidor/a
aportando os dons que me deches:
ai, meu Deus, agochei os teus dons.
6.- Absolución:
Palabras de perdón por parte de quen preside a celebración.
7.- Unción co Crisma bautismal
(Na cabeza ou nas mans de cada persoa. En moito silencio, con moita intensidade)
8.- Canto final
AQUÍ ESTOU, SEÑOR, / PRA FACER A TÚA VONTADE,
VEÑO RENOVAR DIANTE DE TI A FIDELIDADE.
Cóllesme nos teus brazos, ti es o meu ben, Señor,
presíntote pertiño como fonte de amor,
eu douche a miña vida, dásme ti a salvación:
tómame a min coa miña historia, Señor.
9.- Bendición e abrazo de despedida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.