Aprendendo a orar na escola de Xesús
1.- Lectura de Mt 6, 5-8
- Poñernos no centro da oración nós, e non Deus.
- Excedernos en palabras, cando Deus xa sabe o que precisamos.
2.-Entramos no segredo de Deus
- Facemos o sinal da cruz, no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
- Poñémonos en silencio e quietude ante Deus, co corpo, coa mente, cos sentimentos, con todo o noso ser.
- Cantamos:
COMO CHE CANTAREI, MEU DEUS, COMO CHE CANTAREI?COMO CHE CANTAREI, MEU DEUS, TAN POUCA COUSA EU SON.
3.- Salmo 95: ESCOITADE HOXE A SÚA VOZ
Vinde, cantémoslle ao Señor,
aclamemos a nosa rocha salvadora;
acheguémonos á súa presenza con loanzas,
aclamémolo con cancións.
O Señor é un Deus grande,
rei poderoso sobre todos os deuses.
Ten os fundamentos da terra na súa man,
perténcelle os cumes dos montes.
Seus son os mares, que El fixo,
os continentes, que formou a súa man.
Vinde, adorémolo reverentes,
axeonllémonos ante o Señor que nos creou.
El é o noso Deus
e nós somos o seu pobo,
o rabaño que guía a súa man.
Escoitade hoxe a súa voz:
“Non endurezades o corazón
como na rebeldía do deserto,
cando vosos pais me tentaron,
provocáronme aínda que viran os meus feitos.
Corenta anos me faltou aquela xente
e dixen: ´Son un pobo de extraviado corazón,
que non recoñece os meus camiños´.
E lamenteime con amor apaixonado:
´Así non entrarán no meu acougo´”.
4.- Parámonos no máis nos chamou do salmo.
Facémonos eco diso. Compartímolo. Logo estamos 5 minutos en silencio interior integrador.
5.- Unha oración cristiá sempre é unha oración aberta ás dores e ledicias da xente que nos rodea, de cerca ou de lonxe.
Creamos entre tod@s un espazo de solidariedade e de misericordia activa.
6.- Concluímos a nosa oración rezando o Noso Pai.
Dámonos uns bicos dicíndonos:
ESCOITEMOS HOXE A VOZ DO NOSO DEUS,
E GOCEMOS COA SÚA COMPAÑA ENTRE NÓS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.