PENSAR
E VIVIR A XESÚS HOXE
Esta mañá viamos como a comunidade cristiá desde o primeiro momento foi facendo o descubrimento da riqueza enorme de Xesús como ser humano e como fillo de Deus. Este camiño de descubrimento segue aberto na cristoloxía actual.
Tamén cada un, cada unha de nós facemos o noso camiño singular neste descubrimento que nunca podemos dar por acabado.
Tendo isto en conta:
- Que, quen foi sendo Xesús para ti ao longo da túa vida? Describe brevemente este proceso persoal teu.
- Recordas algún momento ou circunstancia na que tiveches algunha experiencia máis intensa, na que caíches na conta dalgunha dimensión nova para ti de Xesús?
- Coñecemos ben esta pregunta que Xesús nunha ocasión lles fixo ás persoas que o acompañaban de cerca: “E vós, ¿quén dicides que son eu?” (Mc 8,29). ¿Quen son eu para ti? ¿Que resposta lle darías ti a Xesús desde a realidade da túa vida? Resume a resposta nunha frase curta, nunha soa palabra, nun símbolo…
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.