a) Mans unidas na palma: “A nai gardaba todas estas cousas no seu
corazón.”(Lc 2, 51b).
b) Mans
sobre do rostro: “Señor, arreda de min, que son un pecador”(Lc 5,8b).
c) Mans abertas cara arriba: “Meus amigos, xa somos fillos/as de Deus, pero
aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma el.” (1Xo 3,2)
d) Mans coas mans do próximo: “Xesús, conmocionado, alongou a man e
tocouno, dicindo: Quero, queda limpo”.(1Mc 1,41).
e) Mans acariñando: “E, collendo un neno, púxoo no medio deles, abrazouno e
dixo…”(Mc 9,36).
CANTO:
BENDITO NAS NOSAS MANS
BENDITO NAS NOSAS MANS.
Señor, Deus, meu salvador,
a ti clamo día e noite.
Na dor devezo por ti,
no abatemento búscote
sen descanso.
Estou farta de males,
a miña vida á beira do abismo.
Cóntanme xa entre os que baixan ao sepulcro,
son unha persoa sen remedio.
Estou abandonada entre os mortos,
coma os cadáveres botados no sepulcro,
dos que parece que xa non te lembras,
como se alguén os retirase da túa
man.
Botáronme nunha cova profunda,
nas tebras do abismo.
Sobre min pousa un mar de indignación,
todas as ondas me envolven.
Arrédanse de min os da propia familia,
son un noxo para eles.
Estou pechada e sen
saída,
anubrados os ollos
de pesar.
Todo o día estou a te
chamar
estendendo as mans
cara a ti.
Fas ti prodixios cos
mortos?
Érguense os defuntos a
te loaren?
Fálase do teu amor no
sepulcro,
da túa fidelidade no
reino da morte?
Coñécense nas tebras
as túas marabillas,
a túa xustiza na terra do esquecemento?
Pero eu, Señor, clamo
a ti,
a miña oración vai de
mañá ao teu encontro,
porque me sinto como
se ti me rexeitases, Señor,
como se ti me
escondeses o teu rostro.
Desde a infancia son
pobre e malpocada,
dobráronme os
traballos da vida.
Esmáganme
as penalidades,
consómenme
os espantos e temores;
rodéanme coma auga o
día enteiro,
asáltanme todos a un
tempo.
Estou soa, sen amigas
e compañeiras,
por única compaña teño
as tebras.
3.- Ecos e
prolongacións do salmo en nós, na nosa vida, no noso entorno.
Actualizamos
algo o salmo. Compartimos en oración momentos, persoas, grupos sociais que
vexamos envoltos nas amarguras que describe o salmo. Cada pouco oramos cantando:
MIRA, MEU DEUS,
AQUÍ ESTOU PARA QUERERTE,
ESTAS MANS,
ESTAS MANS PARA SERVIRTE,
EN QUEN MÁIS
PRECISE DELAS.
4.- Noso Pai/Nai,
en quen vivimos e existimos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.