PENSAR
E VIVIR A XESÚS HOXE
Textos Bíblicos:
Mc
1, 14-45:
Imaxe dun Xesús itinerante, radical, conflitivo, alternativo no nome de Deus,
similar a outros que se amosaron no seu tempo con estas características.
Feit,
cc 2-5:
Os discursos de Pedro recollen a un Xesús admirable, instrumento da
salvación de Deus, a quen Deus resucita
e engrandece poñéndoo á súa dereita.
Xn
1,1-18:
“O cuarto Evanxelista foi o primeiro escritor cristián en concibir claramente a
pre-existencia persoal do Logos-Fillo e en presentar isto coma unha parte
fundamental da súa mensaxe.”
Para entrar en
contacto coa túa experiencia de vida.
1.- ¿Que aspectos da
personalidade humana e relixiosa de Xesús me impresionaron máis, e son
considerados por min como aspectos importantes nos que seguir profundando na
miña vida?
2.- ¿Como entendo a divindade de
Xesús e a que experiencias me leva isto na miña vida?
3.- ¿Que significa para min, como
me afecta, como vivo a identificación de Xesús coa xente excluída?
4.- ¿Que me aportaron este curso
e este obradoiro? ¿Quen é realmente Xesús para min? ¿Sabería presentalo a quen
por el me pregunte?
Tempo de oración
Busca e crea un espazo, un
momento, un tempo axeitado para a oración (15-20´)
Centra hoxe a oración no Xesús
que se nos fai presente na xente máis marxinal. Para iso empeza lendo Mt 25,
31-46, que acollemos non como ameaza para despois da morte, senón como
iluminación da vida.
Identifica o rostro de Xesús, o
Cristo, co dalgunha persoa marxinada que coñezas e trates. Contempla, adora,
ama, faite dispoñible ata onde o Espírito te vaia levando.
Dálle grazas a Deus porque así de
fácil e de provocativo se fai presente na túa vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.