Por Manuel Regal Ledo
1.- Introdución
Xesús
acompáñanos e invítanos a converter a nosa ollada, o noso corazón, as nosas
mans. Non faremos un exame de conciencia e anotamos pecados. Metémonos
contemplativamente nos tres ámbitos de Deus que Xesús nos vai propoñer, e Deus
dirá.
2.- Conversión
da ollada
Signo: Acendemos
unha vela, símbolo da luz de Deus que ilumina a nosa ollada.
Contemplamos
en silencio a luz.
CANTO:
A CRISTO
CANTAMOS NA LUZ QUE ALUMEA
A CRISTO
CANTAMOS CO LUME DA FE.
Lectura: Lc 11, 33-36
Comentario: Tempo de
silencio
Cantiga: (coa música de
“Onda ti, noso Pai, á tardiña”)
ILUMINAS, MEU
DEUS, OS MEUS OLLOS
O QUE AFOGA OU
LIBERA UNHA VIDA,
O QUE A ENCHE DE
GOZO E DE PAZ.
CON XESÚS
CAMIÑANDO CONNOSCO
CONTEMPLANDO O
QUE DI, O QUE FAI,
VAGALUMES
SEREMOS NA NOITE,
ADIANTANDO O
ESPLENDOR DO MAÑÁ.
3.- Conversión
do corazón
Signo: Un bico, ou aperta que lle dámos á persoa do
lado, pensando que representa a persoa a quen menos llo dariamos.
Contemplamos
en silencio o que fixemos.
CANTO:
O AMOR É O
MEIRANDE DOS DONS QUE NOS VEÑEN DE DEUS,
O AMOR É O
MISTERIO QUE A TODOS NOS CÓMPRE ENTENDER.
Lectura: Lc 6, 27-36
Comentario: Tempo de
silencio
Cantiga: (coa música de
“Onda ti, noso Pai, á tardiña”)
QUEN PUIDERA,
MEU DEUS, SER AMANTE,
CUN AMOR
LIBERADO POR TI,
QUEN PUIDERA
AMAR CON LIMPEZA,
SEN BUSCARME NO
AMOR QUE OFRECÍN.
TI, MEU DEUS, ES
A FONTE ONDE MANA
O AMOR SEN
MEDIDA, SEN FIN.
QUE SUPERA A
LOUCA VIOLENCIA,
E ABRE O MUNDO A
UN XUSTO PORVIR.
4.- Conversión
das mans
Signo: As propias
mans, que estendo diante dos meus ollos.
Contemplámolas
un momento en silencio.
CANTO:
MIRA, MEU DEUS,
AQUÍ ESTOU PARA QUERERTE,
ESTAS MANS,
ESTAS MANS PARA SERVIRTE,
EN QUEN MÁIS
PRECISE DELAS.
Lectura: Mt 25, 37-39.
44-45
Comentario: Tempo de
silencio
Cantiga: (coa música de
“Onda ti, noso Pai, á tardiña”)
SON EN CRISTO O
ROSTRO DE DEUS,
QUEN @S HONRA
VENERA O DEUS VIVO,
QUEN @S SERVE
ABRE AS PORTAS DO CEO.
É NA XENTE MÁIS
EMPOBRECIDA,
NAS SÚAS VIDAS
ENVOLTAS EN DOR,
ONDE DEUS NOS
SACODE E NOS CHAMA,
ONDE DEUS
NECESITA DE NÓS.
5.-
Recoñecémonos persoas pecadoras
De
pé, manifestamos publicamente a nosa condición de persoas pecadoras. Facémolo
rezando xunt@s:
Deus, Pai, Nai
nosa,
recoñecémonos
persoas pecadoras ante ti.
É certo que
aceptamos con gusto
a túa maneira de
ver o mundo e a xente que nel nos movemos,
cremos no amor
como forza que o pode cambiar todo,
recoñecemos na
xente máis empobrecida
o lugar
privilexiado para atoparnos contigo e servirte.
somos
incoherentes,
deixámonos levar
pola mundanidade
no pensar, no
sentir, no actuar,
e as nosas vidas
énchense de baleiro e de sombras
que nos
escurecen a nós e a quen nos rodea.
Somos persoas
pecadoras.
Necesitamos o
teu perdón, e a el nos acollemos.
Necesitamos a
túa forza de rehabilitación
e a ela lle
abrimos as portas da nosa vida.
Ante ti, Deus
noso,
ante o teu
Cristo, Xesús de Nazaré,
ante o Espírito
que nos ofreces como alento
prometemos vivir
na novidade de Xesús,
para sermos nel
persoas novas,
para construír
con el unha nova convivencia social tamén.
(Pásanse unhas
cuncas con auga, para que a xente molle as mans e a parte do corpo que máis
queira purificar (ollos, oídos, fronte,…), é un xesto penitencial que nos
recorda a auga bautismal, a nosa primeira vinculación con Deus que queremos
renovar. O clima é un clima penitencial)
6.- Palabras de
absolución do sacerdote.
Neste momento
acéndense todas as luces, como signo do novo que pode empezar nas nosas vidas.
CANTO
FINAL:
CAMIÑAR SEN
XESÚS, SEN AMOR,
CAMIÑAR SEN TI,
MARÍA,
CAMIÑAR SEN
PASTOR QUE NOS GARDA E GUÍA
NON É CAMIÑAR,
NON É CAMIÑAR, NON É CAMIÑAR.
CAMIÑAR SEN
SABER ONDE ESTÁ
O QUE BUSCAS
NOITE E DÍA,
CAMIÑAR SEN
CAMIÑO, VERDADE E VIDA
NON É CAMIÑAR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.