Evanxeo: Mt 11, 2-11
Nunha ocasión,
Xoán, oíndo falar na cadea das obras de Cristo, mandou os seus discípulos a lle
preguntar:
—¿Es ti o que
ten que vir ou esperamos a outro?
Respondeulle
Xesús:
—Ide e contádelle
a Xoán o que estades a oír e ver: os cegos ven e os coxos andan, os leprosos
fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e á xente pobre estáselle a
anunciar a Boa Nova. E ditosas as persoas que non se escandalicen de min!
Non ven se foron
eles, comezou Xesús a falar de Xoán á xente:
—¿Que fostes ver
ao deserto? ¿Unha cana abaneada polo vento? Pois logo, ¿que fostes ver? ¿Un
home vestido con roupas finas? Pero as persoas que visten roupas finas están
nos pazos dos reis. Pois logo, ¿a que saístes? ¿A ver a un profeta? Si, e abofé
que moito máis ca un profeta. Este é de quen está escrito:
—Olla, mando o
meu mensaxeiro diante de ti, para que prepare o teu camiño.
Tede por seguro
que non naceu de muller ninguén meirande ca Xoán Bautista, aínda que o máis
pequeno no reino dos Ceos é meirande ca el.
Meditación
Á pregunta de
Xoán responde Xesús dunha maneira ben sinxela e clara, facendo ver a que cousas
se está el dedicando: atender a uns enfermos/as, que, por seren tales, eran
marxinadas sociais naqueles tempos, e anunciarlle á xente pobre a boa nova de
Deus: que a súa hora estaba próxima, xa estaba aí. Xesús non facía máis ca
cumprir aquilo que de si mesmo anunciara na sinagoga de Nazaré, cando afirmaba:
“O Espírito do Señor está sobre min, porque el foi quen me unxiu para
proclamarlles a Boa Nova á xente pobre. Mandoume para lles anunciar a
liberación aos presos e a vista á xente cega, para lles dar liberdade ás
persoas asoballadas e proclamar o ano de graza do Señor” (Lc 4,18-19). Xesús explícase
a si mesmo e a súa tarefa. Xesús respóndelle a Xoán e a todas as persoas que
con Xoán nos queiramos preguntar: quen, que xente, que comportamentos, que
prácticas nos levan cara á hora de Deus, cara aos tempos de esperanza? As
persoas, os grupos, as prácticas que nos leven dunha maneira cha cara ao amor
solidario. Non fai falla darlle moitas voltas á cabeza para saber se andamos ou
non nas cousas de Deus, nas cousas de Xesús. Neste tempo noso, no que a crise
aparece por todas as partes coas súas tristes consecuencias, a linguaxe sinxela
de Xesús indícanos camiños serios de futuro. Como, desde cada un, cada unha de
nós, como desde as nosas comunidades cristiás poderemos axudar a que a xente
pobre, marxinal, se sinta recuperada, integrada, e non só con formas de
caridade, senón tamén coa seriedade de funcionamentos sociais xustos?
Se primeiro Xoán
pregunta por Xesús, despois é Xesús o que afirma de Xoán algunhas cousas
importantes, que definen o seu carácter profético, e que nos poden axudar a
entender, para logo tamén practicar, que é iso de levar no corazón a paixón por
Deus e pola xente, que é iso de ser profeta. Xoán non é unha cana abaneada polo
vento, é dicir, non é alguén superficial, sen criterio, sen fundamento,
abaneado polos ventos das comenencias propias, dos falares da xente, levado
para aquí e para acolá polo medo, pola aprobación ou non da xente poderosa.
Esta maneira de ser de Xoán parécese moito á do mesmo Xesús, segundo o
describían nunha ocasión algúns fariseos e partidarios de Herodes: “sabemos que
es sincero, que ensinas o verdadeiro camiño de Deus e que non andas con
miramentos, porque non te deixas levar polos respectos humanos” (Mt 22,16). As
nosas comunidades cristiás son escolas onde se aprende a vivir desta maneira?
Oración
Grazas, Deus
noso, por Xoán Bautista,
coa súa fe fonda
e radical,
coa súa
esperanza acendida,
co seu apego
firme pola xustiza,
coa súa crítica
a cantos usaban o poder
para abusar da
xente pobre,
para satisfacer
as súas comenencias.
Grazas, Deus
noso, por Xoán Bautista,
coa súa vida
austera e vigorosa,
co seu
distanciamento dos ricos e da riqueza,
coa súa
vinculación entrañable coa causa de Deus,
coa causa do
Mesías Xesús,
e coa causa do
pobo que este viña a defender.
Grazas, Deus
noso, por Xoán Bautista,
e por todos os
profetas e profetisas de onte e de hoxe,
nacidas, nacidos
da semente de Xesús
ou de calquera
outra semente humanitaria.
Grazas por todos
os profetas e profetisas
que nos abren os
ollos e o corazón,
que fan
reverdecer as esperanzas,
que nos permiten
crer e amar
coa humilde
seguridade
de que nas nosas
vidas pode haber festa,
de que o noso
mundo pode ser por fin doutra maneira.
Acción
Seguramente
coñecemos algunha persoa, home ou muller, na que descubrimos e valoramos certos
trazos de profeta; xente forte, valente, que defende a causa de Deus, a causa
do pobo humilde. Podémonos interesar algo máis por esa persoa, polo que fai.
Podémonos achegar algo a el. Darlle grazas. Sumarnos ao seu traballo no que
poidamos.
16 de
decembro: luns da 3ª semana de Advento
Evanxeo: Mt 21, 23-27
Un día entrou
Xesús no templo e mentes ensinaba acercáronselle os sumos sacerdotes e máis os
senadores do pobo, para lle preguntaren:
—¿Con que
autoridade fas esas cousas? ¿Quen che deu tal autoridade?
Xesús respondeulles:
—Vouvos facer
tamén eu a vós unha pregunta e, se ma respondedes, daquela direivos con que
autoridade fago estas cousas. O bautismo de Xoán ¿de onde era?, ¿era cousa de
Deus ou dos homes?
Eles razoaban
entre si dicindo: “Se dicimos que de Deus, preguntaranos ¿entón por que non
crestes nel? E se respondemos que dos homes, témoslle medo ao pobo, porque todo
o mundo ten a Xoán por profeta.” E contestáronlle a Xesús:
—Non o sabemos.
Xesús replicou:
—Pois eu
tampouco non vos digo con que autoridade fago estas cousas.
Meditación
Xesús chamaba a
atención. Xesús séguea chamando aínda hoxe. De feito, moita xente que rexeita a
Igrexa, olla con respecto a figura e a obra de Xesús. Ante el podémonos facer
preguntas, claro que si. As preguntas que lle fixeron os sumos sacerdotes e os
senadores do pobo eran preguntas sobre o poder, sobre a autoridade. Eles
movíanse en clave de poder, e preguntan polo poder. E por iso se acaban
encerellando nas súas mesmas preguntas, por medo a perder poder ante o pobo.
Xesús, en
cambio, movíase en clave de servizo, desapegado do poder. Por iso as preguntas
que se lle poderían facer a Xesús, que estarían de acordo co seu espírito,
poderían ser: ¿Como é que dis o que dis, que fas o que fas, non sendo persoa de
poder? ¿A que nos provocas coas túas palabras, cos teus feitos? ¿Que nos pode
estar dicindo Deus a través da túa palabras conmovedora? ¿Por que o pobo
humilde te escoita e se emociona contigo? ¿Que fondura, que misterio hai en ti,
que non somos quen de comprender? Paga a pena mirar, contemplar, seguir a
Xesús.
Oración
Estamos
agardándote, Xesús,
aínda que xa
estás no medio de nós.
Cobizamos o teu
rostro,
as túas
palabras, os teus feitos de vida.
Sabemos que es
a gran bendición
de Deus
para todas nós,
para toda a humanidade.
Abrímosche as
portas do corazón,
da casa, da
comunidade,
para poder
enriquecernos co teu servizo.
Queremos ser do
teu grupo,
algo coma ti
polo menos,
ao servizo do
mundo enteiro.
Cóllenos da túa
man.
Grazas, Xesús.
Acción
¿Como andamos
pola vida: á defensiva ante quen nos desconcerta, ou con agradecemento porque
haxa persoas que nos moven a dar pasos no persoal, no comunitario, no social?
Podemos deternos un pouco para ver e cambiar o que o Espírito nos pida.
17 de
decembro: martes da 3ª semana do Tempo Ordinario
Evanxeo: Mt 1, 1-17
Libro da
xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham. Abraham xerou a
Isaac. Isaac xerou a Xacobe. Xacobe serou a Xudá e máis os seus irmáns. Xudá,
de Tamar, xerou a Peres e máis a Zarán. Peres xerou a Esrón. Esrón xerou a
Arán. Arán xerou a Aminadab. Aminadab xerou a Naasón. Naasón xerou a Salmón.
Salmón, de Rahab, xerou a Booz. Booz, de Rut, xerou a Obed. Obed xerou a Iexé.
Iexé xerou o rei David.
David, da que
foi muller de Urías, xerou a Salomón. Salomón xerou a Roboam. Roboam xerou a
Abías. Abías xerou a Asá. Asá xerou a Ioxafat. Ioxafat xerou a Ioram. Ioram
xerou a Ozías. Ozías xerou a Iotán. Iotán xerou a Acaz. Acaz xerou a Ezequías.
Ezequías xerou a Menaxés. Menaxés xerou a Amón. Amón xerou a Ioxías. Ioxías
xerou a Ieconías e máis os seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia.
Despois da
deportación a Babilonia, Ieconías, xerou a Xealtiel. Xealtiel xerou a
Zerubabel. Zerubabel xerou a Abiud. Abiud xerou a Eliaquim. Eliaquim xerou a
Eliud. Eliud xerou a Elazar. Elazas xerou a Matán. Matán xerou a Xacobe. Xacobe
xerou a Xosé, esposo de María, da que naceu Xesús, chamado Cristo.
Foron, logo,
catorce as xeracións dende Abraham ata David, catorce tamén dende David ata a deportación
de Babilonia, e catorce dende a deportación de Babilonia ata Cristo.
Meditación
Con esta cadea
humana, certamente artificial, o evanxelista Mateo fálanos de Xesús como
formando parte de dúas realidades: é humano, totalmente humano, tras del hai
toda unha cadea ascendente que se remonta ao principio dos tempos; tal como nos
pasa a calquera de nós. E ademais forma parte dunha longa tradición relixiosa,
que paso a paso, con moitas fidelidades e infidelidades polo medio, foi
avanzando e se fixo manifesta e lúcida no mesmo Xesús; tal como nos pasa tamén
a calquera de nós, aínda que en nós, a lucidez non sexa tanta, e deixemos en
escuridade o que para Xesús foi luz e transparencia plena. No material e no
espiritual, na totalidade do noso ser, somos o froito de moita busca, de moito
sacrificio, de moito gozo, de moito amor, que tanta xente, empezando polos
nosos pais, nais, avós, avoas, foron poñendo ao noso servizo. No principio e no
final deste recorrido histórico está Deus. Por iso o normal é que sexamos
persoas moi, moi humildes, e moi, moi agradecidas.
Oración
Grazas, meu
Deus,
por seres a
fonte disto marabilloso
que somos;
por ser a forza
que nos lanza
e o colo que nos
acolle.
Grazas por todos
os homes e mulleres,
que deron sangue
e vida por nós.
Grazas por
Xesús,
o máis humilde,
o máis excelente.
Sempre así, meu
Deus,
absolutamente
humilde,
absolutamente
agradecida.
Acción
Podemos repasar
no que poidamos a lista dos nosos ascendentes, homes e mulleres que nos
permitiron ser o que somos. Ver as súas fotos, recordar os seus feitos,
adiviñar os seus soños e amores, dos que nós somos herdeiros/as. Agradecer as
súas vidas.
18 de
decembro: mércores da 3ª semana de Advento
Evanxeo: Mt 1,18-24
O nacemento de
Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; pero antes de
viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. Xosé, o seu
prometido, home xusto, como non a quería aldraxar, decidiu repudiala
secretamente. Xa tiña pensado facelo así, cando o anxo do Señor se lle apareceu
en soños dicíndolle:
—Xosé, fillo de
David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida, que o que nela se
concibiu é obra do Espírito Santo. María dará a luz un fillo e ti poñeraslle de
nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.
Todos isto
aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:
Mirade,
a virxe concibirá e dará a luz un fillo,
e poñeranlle de nome Emmanuel
(que quere dicir
"Deus connosco").
Acordou Xosé do
seu soño, fixo tal como lle mandara o anxo do Señor e levou consigo a súa
prometida.
Meditación
Os primeiros
homes e mulleres cristiás quedaron moi impresionadas pola figura de Xesús, pola súa palabra, pola
súa vida totalmente fiel a Deus, totalmente entregada en servizo á xente, e
preguntáronse como sería posible que un home así dese aparecido entre nós, que
normalmente somos tan fráxiles, tan inconsistentes, tan atentos ao noso e
punto. E chegaron á acertada conclusión de que Xesús non podía ser froito máis
ca do Espírito Santo de Deus, que obra a través da normalidade humilde da vida:
María, Xosé, os soños...
Este evanxeo
ademais pode animarnos a non desesperar ante situacións complicadas que
poidamos ter na vida. Invítanos a non acelerarnos, a escoitar o noso corazón, a
acoller a palabra doutras persoas amigas que poden facer para nós como de anxos
de Deus, a confiar en Deus, e por onde menos se espera xurdirá a luz. Porque é
certo que Deus é sempre un Deus con nosoutros.
Oración
Grazas, meu
Deus,
por teres
acompañado a Xosé, a María,
e a tantos homes
e mulleres ao longo da historia.
Grazas por seres
un "Deus connosco",
alguén sempre
achegado a nós,
sempre
preocupado por nós,
sempre disposto
a acompañarnos,
a abrir camiños,
a anunciar
auroras,
a abrir
esperanzas.
Grazas, meu
Deus, grazas.
Acción
Se tes algunha
dúbida sobre que facer ou non facer acerca de algo de certa importancia, non
deixes de compartilo con alguén que che ofreza confianza. A luz de Deus
chéganos con frecuencia a través de persoas que nos acompañan na vida.
19 de
decembro: xoves da 3ª semana de Advento
Evanxeo: Lc 1, 5-25
Houbo no tempo
de Herodes, rei de Xudea, un sacerdote chamado Zacarías, do grupo de Abías,
casado cunha muller descendente de Aharón, chamada Sabela. Ambos eran xustos
ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos. Non tiñan
fillos, por ser Sabela estéril e estaren os dous moi entrados en anos.
E resulta que,
estando el exercendo o sacerdocio cos da súa quenda diante de Deus, tocoulle
entrar no Santuario do Señor para ofrecer o incenso de acordo co ritual,
mentres a xente do pobo facía oración fóra. Nisto, aparecéuselle de pé un anxo
ado Señor á dereita do altar do incenso. Ao velo, Zacarías turbouse todo e
encheuse de temor. Mais o anxo díxolle:
—Non teñas medo,
Zacarías, que foi escoitada a túa petición, e Sabela, a túa muller, vaiche dar
un fillo e vaslle chamar Xoán. Será para ti gozo e alegría e moita xente se
alegrará polo seu nacemento. Será grande ante o Señor e non beberá nin viño nin
licor. Desde o mesmo ventre da súa nai estará cheo do Espírito Santo.
Converterá a moitos fillos e fillas de Israel ao Señor, o seu Deus. Camiñará
diante del co espírito e poder de Elías, para reconciliar pais e fillos, para
ensinarlles aos rebeldes o proceder dos xustos e preparar así un pobo ben
disposto para o Señor.
Preguntoulle
Zacarías ao anxo:
—E que probas
diso me dás a min, que xa vou vello e a miña muller tamén xa pasa dos anos?
O anxo
respondeu:
—Eu son Gabriel,
o que estou preto de Deus; el envioume para falar contigo e darche esta boa
nova. E fíxate ben, vas quedar mudo e non poderás falar ata o día no que
aconteza todo isto, xa que non criches nas miñas palabras que se han cumprir no
seu tempo.
E, mentres, o
pobo agardaba por Zacarías e estaba sorprendido de que se demorase tanto dentro
do Santuario. Cando por fin saíu, non podía falar, e a xente comprendeu que
tivera algunha visión no Santuario. El facíalles señas, pero non falaba.
Cando rematou o
tempo do seu servizo, foi para a súa casa. Días despois concibiu a súa muller
Sabela, que durante cinco meses estivo escondida, dicindo para si:
—Isto é obra do
Señor, que se dignou librarme desta miña vergonza pública.
Meditación
Se Xesús non
podía senón ser cousa do Espírito, algo semellante pasou con Xoán o Bautista;
tampouco aquel home xusto, que tanto tivo que ver na madureza humana e
espiritual de Xesús, podía ser tal sen que a forza do Espírito andase polo
medio. E o evanxeo cóntanolo así, con tanta graza, imaxinación e fondura a un
tempo.
Este evanxeo
invítanos a implicar toda a nosa vida en todo o que sexa xusto. Invítanos tamén
a fiarnos de Deus sen medida, poñendo nas súas mans todas as nosas aflicións e
vergonzas. Invítanos a crer que por debaixo da normalidade e do peso diario da
vida podemos palpar e vivir unha presenza do Espírito de Deus, dando paz, dando
forza, abrindo camiños onde todo parecía estar completamente pecho. Ese
Espírito con frecuencia ten nome de persoas moi concretas que nolo fan evidente.
Isto é o que fai posible que o Nadal exista.
Oración
Grazas, Pai
noso, Nai nosa,
porque nos
acompañas coa túa forza
nas horas de
angustia e debilidade.
Grazas porque
nunca nos deixas da túa man,
por moi mouras
que se poñan as cousas.
Nesta hora de
incerteza
para a xente que
queremos vivir e crer na aldea,
que saibamos
acoller o teu Espírito
e colaborar con
el.
Acción
Se sabes
dalgunha persoa que estea pasando por un mal momento, achégate a ela e, como
mellor poidas, dálle o teu apoio e invítaa a confiar tamén no que Deus mesmo
lle dá.
20 de
decembro: venres da 3ª semana de Advento
Evanxeo: Lc 1, 26-38
Sucedeu que aos
seis meses (do anuncio do nacemento de Xoán Bautista) Deus mandou o anxo
Gabriel a unha aldea chamada Nazaré, onda unha mociña prometida a un home da
casa de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María.
O anxo entrou
onde estaba ela e díxolle:
—Alégrate, chea
de graza, o señor está contigo.
Ela turbouse con
estas palabras, cavilando que podería significar aquel saúdo. O anxo continuou:
—Non teñas medo,
María, porque ti gozas do favor de Deus. Mira, vas concibir no teu ventre e
darás á luz un fillo, a quen chamarás Xesús. Será grande e chamarase Fillo do
Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre
na casa de Xacob e o seu reinado non terá fin.
María
respondeulle ao anxo:
—E como pode ser
isto, si non convivo con ningún home?
O anxo
contestoulle:
—O Espírito
Santo baixará sobre ti e o poder do altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso
o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. Aí tes a túa curmá
Sabela, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que
consideraban estéril, pois para Deus non hai imposibles.
María contestou:
—Pois aquí está
a escrava do Señor: que se cumpra en min canto dixeches.
E o anxo marchou
de onda ela.
Meditación
É algo moi
fermoso ver que as grandes cousas de Deus se desenvolven moi especialmente en
persoas humildes, en medios humildes. María era unha simple muller de aldea,
ignorante en moitísimas cousas, pero sabia en levar a vida adiante, sabia en
traballar, en amar o seu mozo Xosé, sabia en atender as fonduras do seu propio
corazón e en telo aberto ás sorpresas de Deus.
O que María
viviu é o que dalgunha maneira vivimos todos, todas nós. Coma ela somos persoas
que gozamos do agarimo total de Deus, porque Deus non sabe querer soamente a
anaquiños poucos. Coma ela somos persoas invitadas a deixar que Deus tome carne
en nós, que as cousas de Deus enchan as nosas vidas, os nosos pensamentos, as
nosas accións. Coma ela contamos coa garantía do Espírito de Deus. Coma ela
podemos dicir si ou non á proposta de Deus. Oxalá a saibamos imitar e poidamos
dicir desde o fondo da nosa vida: aquí está tamén unha persoa disposta a que
estas cousas fondas de Deus tomen corpo na miña vida.
Oración
Recoñezo que che
teño algo de medo, meu Deus,
que a miña fe é
cativa,
que dubido
á hora de darche
entrada no meu corazón,
na miña vida
toda.
Que o teu
Espírito me aclare e me fortaleza,
para poderche
dicir sempre “si”,
coa humilde
convicción coa que cho dixo Santa María.
Acción
Observa a túa
vida. Deus preséntasenos moitas veces na voz, nas propostas de diferentes
persoas ou realidades que nos falan de cousas que saben a Deus: acompañar a
alguén, participar en algo comunitario, sumarse a algunha protesta digna,
rexeitar unha chamada ao odio, á vinganza, etc.
Case sen nos decatar, a diario estamos practicando iso do “si” e do
“non” a Deus. Repara en como vives isto no día de hoxe.
21 de
decembro: sábado da 3ª semana de Advento
Evanxeo: Lc 1, 39-45
Naqueles mesmos
días saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudea. Entrou
na casa de Zacarías e saudou a Sabela. E en oíndo Sabela o saúdo de María, o
neno brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, exclamou Sabela a
grandes voces:
—Bendita ti
entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. Quen son eu para que me
visite a nai do meu Señor? Pois ao que chegou o teu saúdo aos meus oídos,
brincou de alegría a criatura no meu ventre. Ditosa ti, que criches que se
cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor!
Meditación
É ben fermosa
esa solicitude, esas présas de María por ir compartir coa súa parente Sabela o
que estaba acontecendo na súa vida. É ben fermoso ver como tamén a Sabela se
lle revolven as entrañas ao entrar en contacto coas cousas do Espírito. E de
fondo está todo o que o Espírito é capaz de facer en nós, connosco, cando lle
abrimos de par en par as portas do corazón, da vida.
Todas, todos
estamos chamados a vivir e compartir cousas semellantes. Por Deus non queda.
Polo Espírito non queda. De nós depende acoller ou non a proposta de Deus de
deixar que as cousas do Espírito de Deus --todo o que ula a coidados e
solidariedades-- tomen corpo, collan carne, na nosa existencia diaria. De nós
depende gozar ou non compartindo entre nós o que o Espírito vai facendo
florecer nas nosas vidas.
Oración
Bendita ti entre
as mulleres, María visitadora,
e bendito o
froito do teu ventre, Xesús!
Bendita ti,
Sabela acolledora,
por saberes
captar e espallar os ecos do Espírito!
Bendita a
inmensidade de mulleres
que xeraron e
pariron vida de mil maneiras!
Benditos todos
nós,
invitados a
facer que a vida floreza nas nosas mans
para ben, sobre
todo, de quen de menos vida goce!
Acción
Visita a alguén
que necesite ser visitada. Comparte bens materiais e espirituais que a vida che
foi poñendo nas mans. E cantade algo xunt@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.