GOZANDO CO PAPÁ/MAMÁ DA CASA COMÚN
Coresma: tentacións: encontro co Deus de Xesús.
Cantiga:
SEÑOR, DEUS NOSO, QUE ADMIRABLE É O TEU NOMEEN TODA A TERRA, EN TODA A TERRA.
Salmo 139
Señor, ti óllasme a fondo e coñécesme ben,ti sabes cando sento e me levanto,penetras nos meus pensamentos desde lonxe.Ti compréndesme cando me movo e cando estou quedo,os meus camiños sonche todos familiares.Aínda non chegou a palabra á miña linguae xa ti, Señor, a coñeces enteira.Envólvesme por detrás e por diantee sobre min tes posta a túa man.Admirable por demais me resulta este saber,tan alto que non o alcanzo.Onde podería arredarme do teu alento?A onde podería fuxir da túa presenza?Se subo ao ceo, alí estás ti;se baixo ao abismo, estás presenteSe me ergo nas ás da aurorae emigro ao extremo dos mares,ata alí me leva a túa mane me colle a túa dereita.Se digo:“Que polo menos me encubran as tebrase que a luz ao me redor se faga noite”,as mesmas tebras non son para ti escurase a noite éche clara coma o día:tanto che ten a luz como as tebras.Ti formaches as miña entrañas,tecíchesme no seo da miña nai.Bendígote polo prodixio que hai en min,as túas obras son marabillosas.Ti coñecías a fondo o meu espírito,non che estaba oculta a miña esenciacando no segredo era formada,tecida no fondo da terra.O meu embrión víano os teus ollose escribíanse xa no teu libroos días todos que habían vir,sen que existise aínda o primeiro.Que preciosos atopo, Deus, os teus proxectos!Que grande o seu conxunto!Se os quixese contar, son máis ca a area;se chegase ata a fin, aínda quedarías ti.Se comprendesen, Señor, os malvados,se abandonasen a súa violencia!Que non se rebelen contra ti,que non persistan nos seus proxectos!Non quero odiar as persoas que te odian,quero amar como ti amas.Amarei con amor cumprido,quéroas ter por amigas miñas.Que sorte teño, meu Deus,con que ti me olles a fondo,con que coñezas o meu corazón,me observes con amore coñezas os meus sentimentos!Que a túa ollada endereite os meus vieirose me guíe polo camiño verdadeiro.
Noso Pai/Nai: Misterio próximo, familiar, que urxe á irmandade e non se da sen ela. Peticións do Noso Pai/Nai abertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.