PALABRAS NO SILENCIO. SILENCIO NAS PALABRAS
1.- O Símbolo bíblico da luz. De veras acollidxs por Deus, por Xesús, polo Espírito.
(Contento por nos ver xuntxs, por nos ver dispostos á escoita, das palabras vellas, das palabras novas. Con ganas de contactar coas fontes da vida, de medrar, de madurar, de medrar en paz, en solidariedade, en alegría… Toliñx por nós, preocupado por nós, por toda a creación, por todo cando sae das súas mans).
2.-Silencio para escoitar a palabra que a min me dirixe. (música de fondo)
3.-Canto:
O SEÑOR É O MEU PASTOR, / NADA ME FALTA,
O SEÑOR É O MEU PASTOR, / SEMPRE VAI COMIGO.
Invítasme á túa mesa, / en horas de amargura,
Ti enches a miña copa / de xenio e tenrura.
Ti sempre me acompañas / con ese amor tan teu
e vivirei por sempre / o amparo de Deus.
4.- Pregaria
Cada día erguerme soñando contigo.Cada día descubrir a túa presenza envolvéndoo todo(“en todo estás e ti es todo,para min e en min mesmo moras”).Cada día escoitar cos oídos do corazóna túa voz oculta en tantas palabras e silencios.Cada día saberme fillo ou filla, irmán ou irmádunha familia inmensa e creadora.Cada día ampliar un pouco máis o meu corazónata facelo universal coma o teu.Cada día arrimar o lombo a outros lombosna procura dunha inmensa casa común.Cada día saberme acollida, abrazada por ti,integrada por ti no teu soño humanitario.Cada día agradecerche, meu Deus,o que cada día me ofreces vivir.
5.- Compartir
6.- Abrir o corazón
7.- Canto:
Escoita, irmán, / temos moito que facer / somos as mans de Deus.
8.- En familia sempre, en pobo sempre.
Noso pai, en quen vivimos e existimos….
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.