Aprendendo sempre a orar con Xesús
Un tempo de silencio, con música apropiada de fondo. Báixase a música para empezar no Nome do Pai...
1.- No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
Nuns segundos tomamos conciencia de que si, agora mesmo estamos na compaña do Pai/Nai, do Fillo, do Espírito Santo. Deus, todo Deus, está aquí enchendo este salón e as persoas que o ocupamos.(sóbese a música durante este pouco tempo).
Repetimos de novo: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
2.-Traemos ao recordo o nome dalgunha persoa ausente, coa que queremos compartir este tempo de oración, porque a vemos envolta nalgún tipo de fraxilidade, e gústanos acompañala coa oración e con outros apoios.
3.- Lemos Mt 6, 5-8: dous perigos a evitar cando facemos oración: 1) ser persoas lingoreteiras, falar, machacar, para que Deus nos escoite. 2) Empregar a oración como un lucimento propio, que me vexan orando e me chufen, ou, máis fino e perigoso aínda, estar ante Deus ocupando eu o primeiro posto, quen manda e dispón aquí son eu. Non deixarlle a Deus ser Deus na miña vida.
“Brevis debet esse et pura oratio” (a oración debe ser breve e pura), dicía S. Bieito (Regra 20,4). Pureza que non tiña que ver coa sexualidade, senón con esa apertura total ao espazo de Deus na oración..
Lemos o texto e deixamos un tempo de silencio, de 3 a 5 mintuos. Poñémonos ante o Pai/Nai, que está no segredo, que ve, oe, acolle no segredo...
(Música de fondo, alimentando o silencio)
4.-Pregaria a recitar a dous coros. O 1º parágrafo en cursiva dicímolo xuntos, con moita calma, ao primeiro e despois de cada estrofa.
Grazas, Xesús, queremos aprender de tia orar como cómpre facelo.Grazas, Xesús,pola túa intensa e limpa vida de oración,que che permitíu sintonizar con Deus,captar o latexar do seu corazón,beber nas súas fontes amorosase logo vivir totalmente ao aire de Deussentido e vivido coma un Pai, unha Nai universal.Grazas, Xesús, polas alertas que nos transmites:Medide as vosas palabras, disnos,que non sexan baleiras,desapegadas de vós e da vida,escaparate de ausencias;medide as vosas palabras, repítesnos,pretendendo abalar o corazón de Deus,como se Deus estivese ausente de vós,como se houbese que enternecelopara facelo propicio ás vosas miserias.Metédevos en vós, sen traicionarvos,no voso segredo íntimo, verdadeiro,que aí está Deus como Pai/Nai que é.Abrídelle o corpo e a alma,abrídelle a mente e as entrañas,sempre no segredo da fe,sempre na soidade acompañada que sodes.Murmurade as poucas palabras precisasque permiten arrincar do íntimoo que no íntimo se agocha.Repetídeas sinxelamentenon lle marcando a resposta a Deus,escoitándoo, acolléndoo humildemente, adorándoo.El é a túa fonte, que colmará todas as túas sedes.El saberá implicarte con humildade e paixónnas ledicias e penas de quen te rodee,pois só a solidariedade abre as portas do ser de Deus.Así o aprendín eu e así o vivín.
5.-Practicamos un pouco o estilo de oración que Xesús nos propón. Podemos compartir algo do lido ou do vivido neste tempo.
6.-Rezamos xuntos, invitando a ese amigo, amiga en debilidade que recordamos ao comezo: o NOSO PAI/NAI, en quen somos e vivimos. Santificado sexa o teu nome, veña o teu reino, fágase a túa vontade...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.