15 maio, 2024

5º Encontro curso 2023 - 2024

 


CELEBRANDO O AMOR, A AMIZADE QUE XESÚS TEN CONNOSCO


1.Presentación

Por que miramos tanto a Xesús: recordo, estudo, corazón, seguimento....
Nós andamos tras del, e el anda tras de nós, en nós. Aquí, agora....
Unha experiencia, un xogo de namoro.

2.Lectura do Cantar dos Cantares 2,8-14.

O amado ás portas
A AMADA
“Escoitade! É o meu amigo! Velaí vén!
Choutando polos montes,
brincando polos outeiros!
Semella o meu amigo unha gacela
ou un cerviño novo.
Velaí que parou tras o noso muro,
albisca polas fiestras,
axexa polas reixas!
Aí vén o maio
Faloume o meu amigo; así dicía:
“Érguete, amada miña,
fermosa miña, ven xa!
Xa fuxiu o inverno,
foron pasando as chuvias,
floriñas asomaron na campía,
ven o tempo das ruadas,
os arrolos da rula resoan nos nosos campos;
o figueiral ten gromos,
as vides botan flores recendentes.
Érguete e ven, amada,
fermosa miña, ven xa!
Pomba escondida
Miña pomba, nas fendas dos penedos,
nos recantos das rochas,
faime ver a túa figura,
faime oír o teu falar,
que é doce esa voz túa,
e o teu xeito, lanzal!”

3.Lectura “magnética” de Mt 11, 27-30

Silencio


4.Cantiga:
ACHARTE PRESENTE NA VIDA,
FIARME DE TI SEN TE VER,
LEVAR UNHA LUZ ACENDIDA,
QUERER E DEIXARSE QUERER.
Abrirche se petas á porta,
deixarte sentar ao meu lar,
saber o que oírte me aporta,
quedarse contigo a velar.

5.-Piropos a Xesús


6.Xesús Cristo amigo, Deus e Salvador
(X.A. Miguélez)
Xesús Cristo amigo, Deus e Salvador,
bendígote ledo, douche adoración;
en ti recoñezo a Deus servidor,
fonte de tenrura e liberación.

Na cruz entregado fuches vencedor
do mal e da morte afrontando a dor,
porque sempre amaches, fuches redentor,
por beneficiarnos sufriches paixón.

Coa Igrexa confeso a resurrección,
eu créote vivo, xivo xunta a nós,
vivísimo en Deus, único Señor,
que gozo saberte con nós a carón!

A túa palabra é de Pastor bo
que conduce sempre a vida mellor,
eu quero gardala no meu corazón,
e guiarme en todo pola túa voz.

7.Acompañando a Xesús empobrecido,rezamos o NOSO PAI/NAI....


8.Un bo abrazo final.
A quen teñamos ao lado, dándollo ao irmán ou irmá estámosllo dando ao mesmo Cristo, ao mesmo Deus que mora nel.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.