19 xaneiro, 2016

24 de xaneiro: Domingo 3º do Tempo Ordinario (C)


Evanxeo: Lc 1,1-4; 4,14-21

Comentario:

Empezamos o tempo ordinario do Ciclo C, e empezamos tamén cunha lectura máis ou menos continuada do Evanxeo de Lucas. Lucas é un dos tres evanxelistas sinópticos (Mt, Mc, Lc); cada un deles ten a súa personalidade narrativa, a súa maneira de ver a Xesús e o seu compromiso polo Reino, e a súa comunidade de seguidores e seguidoras. Ao longo deste ano teremos repetidas veces a oportunidade de ir descubrindo e sinalando esa particularidade de Lucas, que enriquecerá a nosa condición de discípulos/as de Xesús.

14 xaneiro, 2016

17 de xaneiro: Domingo 2º do Tempo Ordinario (C)



Evanxeo: Xn 2, 1-11

Comentario:

Debemos situarnos correctamente ante os relatos do evanxeo de Xoán. Máis ca ningún outro evanxelista, Xoán non pretende facer unha biografía de Xesús, nin narrar acontecementos con precisión histórica, como igual nos gustaría a nós, persoas dunha época e sensibilidade moi distinta. Xoán, partindo posiblemente dalgún acontecemento real da vida de Xesús, aproveita a narración para estenderse en cousas que teñen que ver con Xesús, coa súa persoa, coa súa misión, co seu significado para as vidas das persoas crentes e das non crentes. A isto sobre todo é ao que hai que atender.

07 xaneiro, 2016

do 20 de decembro de 2015 ao 13 de febreiro de 2016


Lecturas:
  • TORRES QUEIRUGA, A., Culpa, pecado e perdón. (do material entregado pola Escola de Espiritualidade)
  • BURGALETA, X, Pecado, penitencia e madureza humana(do material entregado pola Escola de Espiritualidade)


CULPA, PECADO E PERDÓN

  1. Reflexión: Habería pecados, se Deus non existise?
  2. Qué pecados preocupaban antes, cáles agora?
  3. Por qué se peca, sabendo que está mal e que, moitas veces, non se querería?
  4. Diferenza entre “culpa” e “pecado” (cf. n. 1)
  5. Para ti a Igrexa foi culpabilizadora ou liberadora? E agora?
  6. Confesarse ao cura, confesarse a Deus, sentido do Sacramento do Perdón
  7. Examinar e dialogar sobre experiencias vividas


Segundo encontro do curso 2015 / 2016


Nas propostas solidarias de Deus: María, Agrelo, nós.

Corpo-Signo-Palabra-Silencio.
CARNE DE MULLER


1. Un corpo aberto á solidariedade: carne da miña carne.

CARNE DA MIÑA CARNE / CARNE DA MIÑA CARNE


2. Lectura de Lc 1, 26-38: Deus invítame á encarnación con Santa María.


LOANZAS DE MARÍA

María nazarena
María muller
María aldeá.