xoves, 25 de outubro de 2012

28 de outubro: Domingo XXX do Tempo Ordinario (B)


Evanxeo: Mc 10, 46-52

Comentario

Estamos ante un relato que, máis alá da súa historicidade ou non historicidade, se nos ofrece coma unha parábola en acción do que pode dar de si un encontro vital de cada un de nós con Xesús. É algo que podemos realizar cada un de nós con Xesús. É algo que a comunidade cristiá da que formamos parte pode realzar tamén, e estaría ben que así o fixésemos.

xoves, 18 de outubro de 2012

21 de outubro: Domingo XXIX do Tempo Ordinario (B)


Evanxeo: Mc 10, 35-45

Comentario

No evanxeo de Marcos son os discípulos irmáns Santiago e Xoán os que se dirixen persoalmente a Xesús para lle facer unha petición, coa que demostraban non estar entendendo nada do espírito e da práctica de Xesús. Tan chocante e case vergonzoso lles resultou este relato aos primeiros cristiáns/ás, que o evanxelista Mateu, no canto de dicir que eran Santiago e Xoán os que facían a petición, di que foi a súa nai. Unha muller ben podía con todo, e, se era mai, aínda máis.

domingo, 14 de outubro de 2012

Un día na Escola


Cada curso nos reunimos ao redor de Andrés Torres Queiruga na Escola de Espiritualidade. El e mailo seu Equipo traballan para que todas e todos saquemos o mellor de cada sesión e para que todo o que xuntos vamos descubrindo nos axude a coñecer, comprender, celebrar e vivir a nosa fe dun xeito máis consciente e renovador. É esta unha riqueza que só se comprende, coma o amor e a amizade, si se experimenta.

sábado, 13 de outubro de 2012

"Un periodista en el Concilio"


Ola, ola. Dende hai días estaba a pensar que preciso homenaxear dalgún xeito ao Concilio Vaticano II agora que estamos no seu cincuentenario. Lémbrome que no ano 1978, na biblioteca do seminario salesiano “La Fontana” en León, atopeime cos libros de Martín Descalzo “Un periodista en el Concilio”.

mércores, 10 de outubro de 2012

14 de outubro: Domingo XXVIII do Tempo Ordinario (B)


Mc 10, 17-30

Comentario:

Chama a atención, primeiro, a decisión do home que, correndo, se achega a Xesús, se axeonlla ante el e lle pregunta: que teño que facer para acadar a vida eterna. Os xestos, as palabras, denotan unha persoa con verdadeiro interese; interese, paixón, que nos viría ben recuperar ou reforzar na nosa experiencia cristiá. Preocúpalle acadar a “vida eterna”, ese futuro de paz e de gloria no espazo definitivo de Deus; sabemos que esa “vida eterna” empeza xa agora, aquí, na terra, e implica unha vida plena, pacificada, socializada, irmandada, tocada polo novo permanente de Deus, acollida, agradecida, ofrecida, dada, fundida nun abrazo solidario con todos e todas, con todo, coa natureza en cada un dos seus elementos irmáns, que so terá redondez e plenitude en Deus, só, no fondo, se pode conseguir como regalo de Deus, porque o noso non dá para tanto. Quen non desexa “vida eterna” así entendida? Que bo é ter ou suscitar en nós este desexo radical de vida, para nós, para todo e todos/as cantas nos rodean! É imposible avanzas, se non é desde o desexo fondo, auténtico, limpo.

martes, 9 de outubro de 2012

Proba para subscritores por email

Esta é unha proba do administrador do blog. Debido á nova interfaz de blogger mudaron moitas das súas características, entre elas a subscrición ao blog, co que pode ser que se perderan subscritores. Por iso recoméndase volver a subscribirse. Se alguén ten problema para facelo que se poña en contacto co administrador (José María) a través do email do blog (escolaespiritualidade@gmail.com).
Para facer un seguimento desta "incidencia", sería desexable coñecer quen está subscrito, para elo pedímovos o favor de comunicalo polo email antes indicado, mediante a mensaxe: Son "NOME" estou subscrito e recibo no meu correo electrónico os artigos e comentarios que se publican no blog. Así pois, sería bo esperar á publicación dun artigo ou comentario para comprobalo (entre hoxe e mañá publicarase a folla semanal que nos fai Manolo Regal).
Graciñas e saúdos.
 

martes, 2 de outubro de 2012

7 de outubro: Domingo XXVII do Tempo Ordinario (B)


Evanxeo: Mc 10, 2-6

Comentario:

O evanxeo de hoxe colócanos ante dúas realidades completamente normais na nosa existencia de cada día: a parella, o matrimonio, e os nenos e nenas. Non está nada de máis que, coma persoas cristiás, nos preguntemos como imos vivindo estas dúas realidades básicas dentro da nosa vida. En moitos fogares o tema de crise é un factor de preocupación que, entre outras cousas, pode afectar, e moito, á convivencia das parellas e á nosa atención cos fillos/as. A maior escaseza económica, as menores posibilidades laborais condicionan, sen dúbida, moitas das relacións e das decisións que se poden dar entre parellas e entre pais e fillos. Por iso non está nada de máis reparar nisto e intentar vivir as cousas ao estilo cristián todo canto se poida. Haberá efectos negativos, sen dúbida, pero tamén pode haber consecuencias positivas; todo dependerá de como vivamos as cousas e nos situemos ante elas.

luns, 1 de outubro de 2012

Juicios teológicos


Queridos amigos:

Achégovos esta serena reflexión para o noso blog porque visto o vivido neste curso pasado, creo que garda interese e oportunidade para o novo curso que comeza.  Saúdos