09 abril, 2012

Carta de Manolo Regal a Andrés Torres Queiruga

O día 30 de marzo tivemos información da Notificación da Comisión Episcopal da Doutrina da Fe da Conferencia Espiscopal Española, na que se advertía que na teoloxía de Andrés Torres Queiruga certos elementos da fe da Igrexa quedaban distorsionados, e invitábaselle a revisar a súa teoloxía para facela máis acorde coa doutrina oficial da Igrexa.
     Desde ese momento foron moitos as manifestacións de apoio a Torres Queiruga e ao seu traballo teolóxico serio e creador e, polo tanto, tamén fronteirizo. Supoñemos que os lectores e lectoras deste Blogue estarán ao tanto destas circunstancias. Ofrecemos aquí unha carta persoal de apoio que Manolo Regal Ledo escribiu a Andrés Torres Queiruga.
      Quen o teña a ben poderá facer comentarios a este Blogue, adheríndose a este apoio ou desligándose del. Reservámonos o dereito de non publicar comentarios que supoñan descalificacións  irrespectuosas en calquera das direccións.

Querido Andrés,

        Desde que souben da Notificacións da Comisión Episcopal da Doutrina da Fe, non dei quitado o teu nome, a túa persoa, a túa tarefa, da cabeza, do recordo, do corazón. Pensaba que tiña que facer algo, pero non sabía que facer, e ao final decidinme a escribirche esta carta, na que, seguro, aínda que intente o contrario, vou estar condicionado pola vella e cordial amizade e pola admiración que sinto por ti e polo teu traballo, do que tanto me teño beneficiado para a miña fe e a miña práctica cristiá.
       
        Pareceume providencial que a Notificación che chegase en vésperas da Semana Santa, porque o marco da paixón de Xesús coas súas razóns fondas e a súa apertura explícita cara á resurrección, pareceume o mellor espazo interpretativo para poder encaixar e vivir este acontecemento. Somos seguidores dun “disidente”, que por amor en disidencia acabou en cruz, e  non nos cabe esperar que a quen o siga lle aconteza cousa menor ou diferente do que lle tocou a el mesmo. Non quero empuxarte a que te fagas a vítima, senón a que insiras a túa cruz na cruz de Xesús, como lugar e camiño de resurrección. Rezo insistentemente para que así sexa.

        Dáme pena que na Igrexa, coa que está caendo enriba do noso pobo, co grave problema de presente e de futuro que temos nas mans, nos dediquemos a romper palabras e corazóns debatendo sobre cousas ao redor das cales sobraba debate, como non fose o de achegar razóns e afectos para nos poñer con máis firmeza e clarividencia do lado dos máis débiles, como adoitaba facer Xesús. Coma crentes, co pensamento e coa acción, coa oración e coa paixón, entendo que debemos estar urxentemente onde hoxe están as preocupacións e as angustias de miles, de millóns de compatriotas que choran polo pan, polo traballo, por unha vida recoñecida e digna.
       
        Abríase a Semana Santa cunha lectura de Isaías na que o profeta compartía experiencias substantivas dicindo: “O Señor Deus concedeume lingua de discípulo (de iniciado, traducen outros), para saber instruír ao cansado cunha palabra que anime na mañá. El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo” (Is 50, 4). Esta foto cordial e densa de Isaías pareceume tamén unha estupenda foto túa e da túa existencia, tal como eu a vin percibindo día a día, ano a ano. Deus espreguizou cada día o teu oído (a pereza intelectual no senso máis amplo nunca foi compañeira túa), para escoitar e aprender coma discípulo, para que teñas palabra de ánimo para instruírnos cada mañá ás persoas que andamos cansas na fe, ou que podemos vacilar nela nos tempos complexos que nos toca vivir. Grazas --creo que o podo dicir no nome de moitísimos homes e mulleres de Galiza e do mundo enteiro--, por este servizo teu, do que Deus se quixo valer para nos facer chegar a súa presenza animadora.  A túa labor na Escola de Espiritualidade e o eco das túas palabras, convencementos e propostas de construír Igrexa nos homes e mulleres que nela participan  confírmanme nesta disposición de agradecemento cara á túa persoa e ao teu traballo.

        Non quero entrar, que non é do caso agora, nos puntos concretos nos que, segundo a Notificación da Comisión Episcopal, “distorsionas” elementos da fe do pobo cristián. Na miña busca crente persoal e comunitaria, e coido que tamén na busca de moitas máis persoas e grupos, as túas distorsións foron case sempre pistas, orientacións serias, razoadas, que me axudaron a unha clarificación da miña fe e das miñas posibilidades de vivila, expresala e compartila como home dunha cultura moderna da que necesariamente formo parte. A túa labor teolóxica provocoume sempre a unha busca honesta, ao gozo de certas seguridades básicas, ao diálogo e ao debate co que ir estruturando a miña condición crente, como a de alguén namorado da verdade que se constrúe historicamente aos poucos, e gustoso de ila vivindo no amor cada día, na medida en que a graza de Deus ma vai achegando e eu a vou acollendo.

        Nesta hora de dor pola que estás pasando, quero manifestarche unhas cantas cousas que máis notoriamente fun vendo e agradecendo na túa persoa e no teu servizo teolóxico dentro da Igrexa, e que nunca che transmitín quizabes levado pola evocación, para ti e para min, daquela humildade que ao noso Señor Xesús lle parecía gustar:  servidores somos de pouca monta, fixemos simplemente o que debiamos facer (cfr. Lc 17,10b).

        O que máis me chama a atención en ti é a túa paixón por Deus, por achegarte á súa soleira, por captar os sinais da súa presenza, por compartilas cos demais, por debater con outros buscadores e buscadoras esa para ti marabillosa tarefa, digna de coller e condensar toda unha vida, a vida dun teólogo. A túa paixón por Deus e pola súa honorabilidade, que para ti significa descargar o seu nome, a súa imaxe, os seus símbolos, a doutrina que pretende dicir o pouquísimo que del podemos dicir, de todo aquilo que pode enturbar a súa honra e dificultar o acceso da xente a ese misterio de amor sen límites que é Deus. Agradézoche que fagas isto por todos e todas nós, e que o fagas cun amor, cunha fe razoable, razoada, e cunha razón amorosa e crente.

        Moito, todo, do que ti escribes está transido, coido eu, por esta paixón por Deus. Desde Deus descubriches, me parece, nun momento da túa existencia, nunha especie de arrebato místico-intelectual moi persoal teu, que El era todo amor, fundamentalmente amor, amor sen límites e fronteiras, e, cunha lóxica elemental e forte, empezaches a tirar do fío e sacar consecuencias. E foi pasando  o que foi pasando. Creo non me equivocar dicindo que nisto non deixas de ser un humilde imitador  de Xesús de Nazaré, quen, na súa busca persoal, apuntado primeiro ás ideas rigoristas do Bautista, entrou na conciencia da experiencia que todo o cambia dun Deus que o amaba coa predilección dun Pai/Nai, e que amaba a todos e todas con esa mesma predilección. E xa todo cambiou para el, para o seu xeito de falar, para o seu xeito de actuar. Logo virían as incomprensións, a cruz, a morte, pero tamén a resurrección e a gloria. Grazas por recordarnos iso permanentemente e por querer facer desa convicción o eixo da túa palabra, da túa vida.

        Aínda que máis de un cho poidan negar, eu vin sempre en ti –e cada vez con máis forza— unha paixón na mesma liña, aínda que con diferencias lóxicas, pola Igrexa, á que en público e en privado sempre pretendiches comprender, salvagardar, mellorar, purificar, ante propios e estraños, e a esa labor nos invitabas a quen te escoitabamos, axudando a superar a actitude fácil, cómoda, de criticar sen arrimar o lombo, como se a Igrexa fose algo alleo a nós e como se o seu ser e a súa tarefa non dependese tamén da nosa implicación apaixonada.

        Oínte moitas veces afirmar con rotundidade a túa fe cristiá, católica, nun esforzo máximo de fidelidade ao fundamental da fe que nos configura; oínche moitas veces as formulacións desa fe en diálogo coa cultura moderna, como é lóxico nun teólogo que queira ser dos nosos tempos. Oínche moitas veces distinguir e invitar a distinguir entre o que é o núcleo da fe, que é o permanente, e o que son os elementos explicativos desde núcleo da fe, que loxicamente poden e aínda deben cambiar, conforme cambian as estruturas culturais, que non son por certo catro nimiedades do momento. Teño lido do mesmo Papa Bieito XVI, no seu libro “La luz del mundo” , Herder, 2010, pp.76-77, 145-146, 151, que hai verdades fundamentais da fe, xa non significativas para os nosos contemporáneos nas formulacións existentes, que están necesitadas de novas formulacións que as fagan próximas á sensibilidade de hoxe. Dáme pena ver que, cando despois hai teólogos coma ti, que consumides a vida nesa tarefa, se vos cortan as ás, non se vos recoñece o esforzo, e se vos pinta de cores tráxicos, perigosos. A min tenme confortado moito o teu traballo. Anímote a seguir nel.

        Dóeme moito, Andrés, que despois de pasar unha vida entregado á causa de Deus dentro da Igrexa, axudando a moitísimas persoas, os máximos representantes desta Igrexa salden o teu labor cun recoñecemento raquítico das túas boas intencións (faltaba máis!), e se prolonguen en acentuar os moitos males que podes causar á fe cristiá coas túas distorsións. Eu apúntome con moitísimos máis a estenderme agradecendo o moito que nos tes dado, e a animarte a seguir repensando, aberto a que os froitos do teu esforzo poidan ser debatidos polo conxunto da comunidade eclesial a través de órganos máis participativos, máis democráticos co dunha Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe, que, malia a saber de memoria as palabras de Xesús “vós non vos fagades chamar ‘señor mestre’, pois un só é o voso Mestre, e todos vós sodes irmáns”( Mt 23,8), se apropian dese título cunha lixeireza que a min  e a moita xente máis nos parece abraiante.

        Serían moitas máis as cousas as que me gustaría dicirche. Sinto unhas ganas enormes de che dar un forte abrazo. Mañá é a Pascua, que a luz do resucitado te acompañe neste sábado santo de morte e de agochamento, de silencio e de esperanza no que estás, se cadra, con Xesús sumido, e nós contigo.

        Un abrazo de irmán.
        Manolo Regal Ledo.

26 comentarios:

  1. Obrigado Manolo por expressares tão bem aquilo que a nós também vai no coração... Estamos gratos ao Andrés por nos ter revelado a ternura do Abba-paizinho; por nos ter ajudado a crescer na busca do AMOR INFINITO, revelado no quotidiano. Nos encontramos na Escola de Espiritualidade, lugar de encontro de corações e de partilha fraterna. Com estima, fraterna, Emília e Mário(Forjães, Portugal)

    ResponderEliminar
  2. Loreto14:53

    Me adhiero a lo expresado en este escrito. Se puede decir más pero no mejor. Gracias, Manolo, por la claridad y sensibilidad con la que escribes. Se ve que conoces bien a Andrés y que haces de tu pesar un pesar común, ya que consigues recoger el pensar y el sentir de muchas de las personas que formamos parte de a Escola y tenemos el privilegio de ser alumnos,discípulos, de él.
    No logro entender qué tipo de amenaza pueden ver en una persona que habla de Dios con el respeto, convencimiento, delicadeza, pasión, dedicación y entrega con que lo hace Andrés
    Gracias, Manolo, porque nos ahorras el esfuerzo de tener que buscar palabras que den forma a lo que pasa por dentro, y lo haces como siempre, de una manera brillante y sencilla.
    Y gracias, Andrés, porque, además de todo lo que esgrime Manolo, eres un ejemplo de generosidad, coherencia, austeridad, temple y buen uso del pensamiento.

    ResponderEliminar
  3. Carmen Soto18:18

    Graciñas Manolo polas tuas palabras sempre tan fondas e tan sentidas. Eu non podo menos que apoiar o que dis e agradecer contigo a persoa e o traballo de Andrés. Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Anónimo22:34

    Ánimo, ánimo, ánimo... paga a pena perseverar nesta paixón nosa por Deus e na de Deus por nós...

    ResponderEliminar
  5. Mª Dolores Mantiñán Loureiro23:18

    Apoio totalmente o que di Manolo Regal. Unha aperta forte para Andrés en especial e para todos e todas en xeral e o meu agradecemento tamén polo seu exemplo e coherencia na fe.

    ResponderEliminar
  6. Grazas, Manolo polas túas palabras. Nós, a comunidade parroquial de San Cristovo das Viñas, que tamén somos e nos sentimos Igrexa, apoiamos totalmente a Andrés e enviámoslle todo o noso apoio e ánimo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  7. María Fraiz00:27

    Moitas gracias Manolo polas tuas palabras, dende logo resumen o que moitos quereriamos escribir. Gracias por publicalas e por expoñer tan ben o que dis. Andrés é unha das persoas que leva,achega e comparte o Amor de Deus a todos sen excepcion,e que nos fala do Señor con tanta cercanía e sempre recalcando o AMOR que só o Señor nos pode dar.
    É unha tristeza que a CEE teña que invertir o tempo facendo tanto dano a persoas que sempre dende a igrexa axudan a tanta persoas que camiñan.Son testigo da cantidade de veces,como ven dís, que en foros abertos sempre amosou gran respeto, hacia esa outras persoas que hoxe volvense de novo contra el.
    Sei que coa forza do Señor e celebrando a Resurrección,Andrés levara estos temas coa maior paz e tranquilidade que o caracterizan.
    Por último dicir, que os feitos falan por si mesmos, e estes amosan de novo que o AMOR é o esencial,que Andrés anuncia, vive e comparte.
    Gracias Manolo e unidos na oración con Xesús e María,
    Maria Fraiz

    ResponderEliminar
  8. Anónimo10:23

    Grazas Manolo, permiteme facer meu todo canto dis na tua carta, animo Andrés polo ben que nos fas a moita xente para poder entender e vivir a nosa fe.
    Toño Quintáns

    ResponderEliminar
  9. Maria Cancelo10:30

    Graciñas Manolo por expresar tan ben o que moitos levamos dentro. Aproveito para decirlle a Andrés e a todos os compañeiros da Escola que en Coruña choven as mensaxes de ánimo e apoio a Andrés por todas as esquinas. Nos o sabemos ben: xunto coa paison ven a Resurrección, por iso a pesar de todo, damoslle grazas a Deus. Feliz Pascua!

    ResponderEliminar
  10. Anónimo19:12

    Grazas Manolo pola tua carte para Andrés, se me permites gustariame facela miña tamen xa que eu me sinto totamente identificado con ela.
    Animo Andrés o ben que nos fas a tanta xente debete animar a seguir adiante. Unha aperta moi forte.
    Toño Quintáns

    ResponderEliminar
  11. Isabel e Manolo22:39

    Compartimos plenamente a bonita carta que Manolo Regal lle escribe a Andrés.
    Recordabamos estes días a entrada de Xesús no Templo de Xerusalén e o seu enfado con tódolos que facían negocio arredor do templo ou co templo.
    Logo coa lectura da Paixón deste ano, volvemos a escoitar no proceso de condenación a Xesús, todas as testemuñas e argumentos que foron aparecendo para xustificar unha postura xa tomada antes, como Caifás lle aconsellara aos xudeus “convén que un home morra por todo o pobo”. O motivo “anda encirrando á xente, ensinando por toda Xudea”. E morreu!
    Ánimo Andrés! (e tódolos profetas).
    Isabel e Manolo

    ResponderEliminar
  12. Teresa19:10

    Gracias Manolo,en esa carta, explicas, o que eu como persona "sencilla"non sabería expoñer,pero que gracias a Deus é a todos vos, en especial a Andrés son capaz de entender.Dirialle a os nosos xerarcas,que non teñan medo de escandalizar aos sencillos como eles nos chaman,porque seremos pouco ilustrados pero non somos tontos.

    ResponderEliminar
  13. Mª Paz19:27

    M Paz.
    Soamente podo decir que a Escola de Espiritualidade foi moi importante no meu camiño persoal de afondamento na FE. Sinto que persoas "limpas de corazón" para acompañar, dar luz, non soamente coas suas palabras, senón que esa sensación do que dí o que sinte e o que vive está unido.
    É doloroso que non recoñezan o noso traballo e que por riba o poñan en dúbida, pero estou segura que no fondo do seu corazón Andrés sinte a PAZ, a LIBERDADE dos verdadeiros fillos de Deus. Apertas cariñosa e agradecidas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mª Paz19:05

      ACLARACIÓN AO 2º PÁRRAFO:
      Sinto que Andrés é unha desas persoas "limpas de corazón" para acompañar, dar luz, e non soamente coas súas verbas; transmite a sensación de que o que di, o que sinte e o que vive está unido.

      Eliminar
  14. Comparto todo lo que expresas en tu carta a Andrés y aun cuando intuía desde siempre que Dios es pai/mai y como tal amor sin límites. Sin la ayuda de Andrés no lo sabría explicitar tan magnificamente y lo que es más importante vivirlo de este modo en mi vida diaria e intentar, con mis limitaciones e imperfecciones, que todo lo que me rodea pueda sentir ese amor que el Diios Creador ha puesto en los corazones y quiere exista en este mundo tan necesitado del mismo. Gracias Andrés por todo lo que nos as enseñado y dado. Lo único que puede llenar plenamente una vida es el amor. Un abrazo muy especial en estos momentos; todos estamos a tu lado. Begoña Palacio

    ResponderEliminar
  15. Transcríbese carta de Anselmo Borges e remitida por Abel Oliveira Magalhâes.
    Pola súa extensión dividímola en 3 comentarios.

    Teólogo condenado: da criação à ressurreição, por ANSELMO BORGES.

    Enquanto o Papa, em Cuba, fazia apelo à liberdade, a Comissão para a Doutrina da Fé da Conferência Episcopal Espanhola publicava uma Notificação - na prática, para a opinião pública, a condenação de mais um teólogo, Andrés Torres Queiruga. Como se a liberdade fosse para os outros e não devesse vigorar também no interior da Igreja.
    Para muitos - também para mim -, A. Torres Queiruga é um dos maiores teólogos católicos vivos. No meu entendimento, foi e é o teólogo que de modo mais profundo e conseguido enfrentou o cristianismo com a modernidade e a modernidade com o cristianismo. Desgraçadamente, alguns teólogos e bispos espanhóis não pensam assim.
    O que aí fica é tão-só, na medida em que o permite uma crónica de jornal, o que considero nuclear no pensamento de A. Torres Queiruga.
    1. Tudo arranca da fé, com razões, no Deus que cria por amor. Deus não criou por causa dele, da sua maior honra e glória, mas apenas por causa das criaturas e da sua felicidade.
    Tomada no seu sentido radical, a criação por amor, a partir do nada, implica, por um lado, a presença suma de Deus à sua criação, de tal modo que, se ele se retirasse, tudo voltava ao donde veio, isto é, ao nada, e, por outro, a autonomia das criaturas. Assim, a ciência, a política, a economia, a própria moral, não vão buscar a sua legitimação à religião, pois devem reger-se pelas suas próprias leis.
    Segue-se que, sendo tudo milagre - o que existe podia pura e simplesmente não existir -, não há milagres no sentido da suspensão das leis que regem a natureza. De facto, os milagres supõem o que não é pensável: um deus "intervencionista", que está fora do mundo e que, de vez em quando e de forma arbitrária, vem dentro. Ora, Deus ao mesmo tempo que é infinitamente transcendente ao mundo é infinitamente presente e activo no mundo, e é, enquanto Anti-mal, sempre Força infinita criadora e potenciadora das possibilidades das criaturas.

    ResponderEliminar
  16. (Parte 2/3)...

    2. Deste modo, torna-se inteligível o conceito fundamental das religiões, a revelação: como sabem os crentes que Deus falou?
    Tudo o que é autenticamente religioso é resposta humana a perguntas profunda e radicalmente humanas. O que a especifica é o facto de descobrir nela a presença viva de Deus que quer manifestar-nos o seu amor e salvação. Há uma só realidade para crentes e não crentes. O que acontece é que o crente tem a convicção de que a realidade não se esgota na sua imediatidade empírica, e essa convicção não surge porque é crente, mas porque a própria realidade, para a sua compreensão adequada, se apresenta incluindo uma Presença divina, que não se vê em si mesma, mas está implicada no que se vê. Mediante certas características - a contingência radical, a morte e o protesto contra ela, a exigência de sentido último -, a própria realidade se mostra implicando essa Presença divina como seu fundamento e sentido último. Assim, cito, na estrutura íntima do processo religioso, "não se interpreta o mundo de uma determinada maneira porque se é crente ou ateu, mas é-se crente ou ateu porque a fé ou a não crença aparecem ao crente e ao ateu, respectivamente, como a melhor maneira de interpretar o mundo comum".

    ResponderEliminar
  17. (Parte 3/3)...

    3. A fé na ressurreição é central no cristianismo, mas ela não é a reanimação do cadáver nem pode ser constatável pelos historiadores. Ela é real, mas não é um facto da história empírica. Se o fosse, seria constatável empiricamente e não era precisa a fé nem seria ressurreição.
    Os discípulos que, como Jesus, confessavam cada dia, na Shemoné Eshré, a fé no "Deus que ressuscita os mortos" e que tinham acreditado em Jesus continuaram a crer nele, após a sua morte, uma morte que testemunhava o que foi o centro da sua mensagem por palavras e obras: que Deus é amor. Mais uma vez, reflectindo, aprofundaram a convicção de fé de que Jesus não morreu para o nada, mas para o interior da vida de Deus, que é a vida plena e eterna. E disso deram testemunho até à morte.
    Fica aqui a minha viva solidariedade de amigo e também filosófica e teológica com A. Torres Queiruga.

    Por decisão pessoal, o autor do texto não escreve segundo o novo Acordo Ortográfico.

    ResponderEliminar
  18. Sempre me asombrou que un teólogo tan importante e recoñecido ata no estranxeiro como Andrés, tivera tanta humildade e xenerosidade para acompañar e ensinar a un grupo de xente coma min, que quero e busco como afondar, celebrar e vivir a miña fe, comprendéndoa, na medida en que sexa posible, para así poder celebrala e vivila máis autenticamente e máis conscientemente.
    Fai cinco anos que asisto a Escola de Espiritualidade e só podo dicir grazas, Andrés, porque me falas dun Deus que é Pai/Nai, e eu que son nai e sei canto quero, con todas as miñas limitacións, aos meus fillos, podo comprender o amor que Deus sinte por min, desexando que eu sexa feliz, doéndose dos meus erros e gozando cos meus acertos.
    Grazas a ti tamén pola esperanza e o positivismo que nos contaxias, animándonos a seguir nesta tarefa de transmitir a fe a outras persoas, aínda que ás veces non comprendamos determinadas cousas, grazas a ti teño presente que o importante é a mensaxe que Xesús nos quere facer chegar: O grande amor que Deus sinte por todos os seres humanos.
    Por todo isto, síntome moi apesarada ao decatarme da inxustiza tan grande que a CEE fai contigo. Sinto pena porque non saben recoñecer a gran labor que fas, pero sinto máis pena por todas esas persoas que son incapaces de ver alén, de non avanzar, aínda que vexan que cada vez lles escoita menos xente e a que o fai é só por interese ou por comodidade, que tamén hai. Unha xerarquía que cada vez está máis preto do poder e máis lonxe da realidade.
    Isabel Fernández

    ResponderEliminar
  19. Anónimo11:41

    Ola, boas
    por primeira vez escribo algo na internet porque de verdade isto me toca no máis fondo. Comparto o que Manolo escribe nesa carta e quero tamén apoiar e dar ánimo a unha persoa de aldea, forte e comprometida, Andrés. Sei que xa o sabes, pero, non está de máis lembrar que hai persoas, que coma min, estariamos desnortadas se non fose polas túas obras, as túas palabras e as túas reflexións. Grazas, moitas, Andrés.
    Carmen

    ResponderEliminar
  20. Anónimo15:34

    Moitisimo ánimo para o señor Queiruga. Rezaremos moito por él.

    ResponderEliminar
  21. MARIA DEL CARMEN DAPENA23:17

    Gracias Manolo por esta carta que diriges a Andres y que comparto totalmente. Yo, que llevo varios años acudiendo a la Escuela de Espiritualidad, solo tengo palabras de agradecimiento para Andrés. Él me ha ayudado mucho a reforzar mi Fe y me ha dado una paz y una certeza del Padre que es Amor.
    Gracias Andrés.

    ResponderEliminar
  22. Mª Jesús Carneiro Mosquera23:51

    Todo mi apoyo a Andrés Torres Queiruga por su coherencia. Gracias.

    ResponderEliminar
  23. Santiago Vázquez Rilo23:52

    Grazas Andrés por todo o que aportas. O meu apoio incondicional.

    ResponderEliminar
  24. Andrea Vázquez Carneiro23:56

    Apoio totalmente o que expresa Manolo Regal. Todo o meu apoio e agradecemento para Andrés Torres Queiruga.

    ResponderEliminar
  25. Alejandra Vázquez Carneiro23:58

    Totalmente de acuerdo con lo que dice Manolo. Mucho ánimo para Andrés. Somos muchos los que estamos con él.

    ResponderEliminar

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.