05 marzo, 2013

Para a cuarta sesión


Lecturas:
 
TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora. SEPT, 1996
 
- Deus crea por amor (Cap. II, páxs. 91-108)
- Culpa, pecado e perdón (Cap.V, páxs. 201-245)
 
 
 
 
 
 
GUERRA CAMPOS, M., La confesión de un creyente no crédulo.
 
Verbo divino, Estella (Navarra), 1998.
 
 
 
 
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
  1. Onde está Deus para ti? No ceo? Na igrexa? Nas cousas que estás a facer? Nas persoas que encontras?
  2. Deus está quieto, ollando o que facemos? Intervén nalgunhas ocasións importantes? Está sempre actuando: como?
  3. Como sitúas a Deus na enfermidade, túa ou das outra persoas? Como lle rezas?
  4. Por que pensas que facemos o mal, mesmo moitas veces sen que o queiramos? Ou querémolo sempre?
  5. Como pensas que te mira Deus cando te sentes culpable?
  6. Pensaches algunha vez que “o teu” (ou o de outras persoas) non tiña perdón de Deus?
  7. Por que non debemos pecar? Porque o manda Deus? E se Deus non existise o se , existindo, non o mandase?
  8. Que significou na túa vida a confesión? Como a viviches? Como a vives agora?
  9. Ten ou non ten razón o irmán do Fillo pródigo?
  10. Hai dereito a que Deus perdoe tamén a Hitler ou a Pinochet?
A propósito do libro de Guerra Campos (se é que o vas lendo):
 
Repetimos as cuestións que xa ofreciamos nas pistas da sesión anterior, porque non se fixo alusión ningunha a este escrito:
  1. Que che pareceron as reflexións que fai, as propostas que ofrece?
  2. Escandalizoute algunha das súas consideracións, ou acaso coincide co que ti mesmo pensabas, aínda que nunca te puxeras a ordenar os teus pensamentos como el o fai no libro que nos ofrece?
  3. Hai cuestións ao redor da fe, da práctica eclesial, ao redor do q ue quizabes ti mesmo estás facendo con algo de rutina, nas que che gustaría pararte máis, formular a túa visión, contrastala coa do grupo? Por que non aproveitas xa para facelo?
Lectura bíblica coresmal:
 
A parte das lecturas bíblicas de cada día e de cada domingo, tamén che pode axudar a deixarte recrear por Deus a lectura meditada do Sermón do monte: Mt cap. 5-7, e a lectura de Apoc cap. 2-3, as cartas de corrección ás 7 igrexas.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.