Lecturas:
JOSÉ LUIS SICRE,
Introducción al Antiguo Testamento.
Verbo Divino, Estella (Navarra)
Tema V: LOS LIBROS SAPIENCIALES Y POÉTICOS
JOSÉ MARÍA MARDONES,
Matar a nuestros dioses. Un Dios para un creyente adulto.
PPC, Madrid.
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
1.-
Que se entende por "teoloxía deuteronómica"? Desapareceu ou continúa
presente?
2.-
Que che parece o modo de pensar e vivir a vida que ten o Qohelet?
3.-
Discute un pouco cos amigos de Xob: non hai moita xente que pensa coma eles?
4.-
Revelación e sabedoría da vida: de verdade anda Deus entre os pucheiros?
5.-
Os Salmos como oración: fala Deus? Falamos nós?
6.-
Que salmo ou salmos che gustan máis? Como che inflúen?
Oración para acompañar a lectura
e o estudo:
Grazas,
meu Deus, porque non es un Deus calado e ensimismado. Grazas porque che gusta
contarte, para que todos, todas, gocemos de ti e do teu proxecto solidario.
Grazas polas persoas que co seu traballo, co seu estudo, cos seus escritos,
sobre todo coa súa solidariedade amante, persoal e social, nos falan de ti con verdade,
afecto e atracción. Que nunca che pechemos as portas cando chamas. Que en todo
momento nos atopes dispostos a escoitarte e a seguirte, en comunidade, arredor
de Xesús, coma irmás e irmáns que camiñan facendo pobo, facendo comunidade,
cara á plenitude, cando todos e todas sexamos unha en ti, tecidas/os polos fíos
de amor cos que ti pacientemente vas tecendo as nosas vidas fráxiles. Amén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.