1.- Na escola de oración de Xesús: “Erguéndose
moi cedo, aínda de noite, saíu para un lugar solitario, onde se puxo a orar”
(Mc 1, 35)
CANTO:
QUERO ESTAR AO
TEU LADO, MEU DEUS (3)
(quen son eu,
quen o Deus que me sostén)
Alma miña, bendí
o Señor
e todo o meu
ser, o seu santo nome!
Alma miña, bendí
o Señor,
non esquezas os
seus beneficios!
El perdoa as
túas culpas
e sanda as túas
doenzas,
rescata a túa
vida da morte
e coróate de
amor e de tenrura;
farta de bens a
túa existencia
e renova a túa
mocidade como a da aguia.
ALMA MIÑA, BENDI
O SEÑOR.
O Señor fai
xustiza
e defende o
dereito da xente oprimida.
Mostroulle ao
seu pobo os seus camiños,
a todas as
nacións as súas fazañas.
O Señor é
misericordioso e clemente,
paciente e rico
en tenrura.
Non está sempre
acusando,
nin é o seu
anoxarse coa xente.
Non nos trata conforme
os nosos erros,
nin nos paga
conforme as nosas culpas.
ALMA MIÑA, BENDÍ
O SEÑOR.
Como de grande é
a distancia entre o ceo e a terra,
así de grande é
o seu amor con todo o mundo;
canto dista o
nacente do poñente,
así arreda de
nós as nosas culpas;
canto unha nai
ama os seus fillos e fillas,
así ama o Señor
a todas as persoas.
El sabe de que
estamos feit@s,
recorda que
somos barro.
Os días do ser
humano son coma palla,
o seu florecer
coma o da flor;
aínda non a roza
o vento, xa se foi,
e o seu sitio xa
non a volve ver.
ALMA MIÑA, BENDI
O SEÑOR.
Mais para quen o
venera
o amor do Señor
dura por sempre,
a súa xustiza
chega á descendencia
de quen garda a
súa alianza,
de quen recorda
os seus mandatos e os cumpre.
O Señor asentou
entre nós o seu trono
e o seu reino
goberna o universo.
Bendicide o
Señor, os seus anxos,
seres poderosos
ás súas ordes,
que obedecedes a
súa palabra.
Bendicide o
Señor, xente toda,
cumprindo a súa
vontade.
Bendicide o
Señor, as súas obras,
en todos os
lugares do seu reino.
ALMA MIÑA, BENDÍ
O SEÑOR.
3.- Pregaria de
intercesión:
Deus intercede ante ti por algún dos seus fillos ou fillas.
En
silencio, pechamos os ollos, poñemos as mans como collendo outras mans,
mentalmente estamos collendo a man ou mans concretas dalgún fillo ou filla de
Deus que el me encomenda. Déixome estar así en silencio. Esa persoa precisada
de apoio é o gran sacramento de Cristo para ti, entre nós.
4.-
Compartimos:
algo a pregaria, algunha chamada, algunha caricia, algunha urxencia de Deus a
través de calquera persoa ou circunstancia.
5.- Rematamos
este momento coa oración do Noso
Pai/Nai, en quen vivimos e existimos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.