1.
Introdución dos
signos pascuais: cruz, loureiro, luz e auga.
O loureiro está
enriba da mesa.
a)
Entrada
do cirio pascual, estando a escuras.
CANTO:
A Cristo cantamos na luz que alumea,
a Cristo cantamos co lume da fe.
PREGARIA:
Grazas, Xesús,
que me iluminas
coa luz vigorosa
do teu rostro,
cos rostros ignorados
de quen sofre
á espera de
olladas solidarias.
b)
Entrada
da auga.
CANTO:
Que ben sei eu da fonte
que mana e corre
anque é de noite.
(Aspersión coa auga
bautismal)
PREGARIA:
Grazas, Xesús,
que me renovas,
facéndome
inocente, transparente,
gozando a fonda
dita de ser fill@,
de ser irmá,
irmán, familia, pobo,
nesta longa
ascensión cara o teu seo
onde todo está
en ti, e ti en todo.
2.- Salmo 23: (versión á luz
do Evanxeo)
CANTO:
O Señor é o meu pastor, nada me falta,
o Señor é meu pastor, sempre vai comigo.
O Señor é o meu
pastor: nada me falta.
En pastos
verdecentes faime repousar,
lévame a beber
en augas tranquilas
e repón as miñas
forzas.
Guíame por
vereas rectas
por mor do seu
nome.
Se tiver de
pasar por valgadas sombrizas,
ningún mal
temería, pois ti vas comigo:
o teu bastón e o
teu caxato
son o meu
sosego.
Ti pos para min
a mesa
á cara dos meus
inimigos;
únxesme con
perfume a cabeza
e a miña copa
reborda.
O teu benquerer
e a túa misericordia
vanme seguindo
todos os días da miña vida;
eu habitarei na
casa do Señor
por días
prolongados sen fin.
3.- Volvendo a
Galilea: as ansias de Xesús
As ansias de
Xesús sempre tiñan que ver coa xente, co mundo das pobrezas da xente, fosen as
que fosen, no nome do Deus da vida. Entramos con Xesús nese mundo.
Ø Deus dá a cara
por nós? Por quen estamos nós dando a cara nesta hora, ou nos gustaría dála no
nome de Deus?
Ø Deus é sentido
no salmo como o que vai comigo. Con quen imos nós? Con quen nos gustaría ir no
nome de Deus?
Ø Deus comparte a
súa mesa e o seu amor entrañable connosco. Con quen a compartimos nós ou a
queremos compartir no nome de Deus?
4.-
Noso Pai/Nai,
en quen vivimos e existimos...
5.-
Bendición pascual,
dada por María Magdalena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.