Sobrado
8 de xuño de 2019
Símbolo: Imaxe de Cristo
crucificado / Imaxe-cartel dunha persoa
empobrecida.
“Cinguidos, pois, os nosos lombos coa fe e a
observancia das boas obras, sigamos os seus camiños, tomando por guía o
Evanxeo, para que merezamos contemplar no seu reino a Aquel que nos
chamou”(Pról. 21).
“Non antepoñer nada ao amor de Cristo” (R.B. 4,21)
“Reciban coma ao mesmo Cristo a todos os hóspedes
que chegan ao mosteiro, pois el mesmo dirá:”fun peregrino e acolléstesme”(Mt
25-35). “Sexan acollidas con particular coidado e solicitude as persoas pobres
e peregrinas, pois nelas recíbese a Cristo máis particularmente; porque á xente
rica o mesmo temor que inspiran move a honrala.” (R.B. 53, 1.15)
1.- Momento de
silencio e integración en Deus fogar común.
CANTO:
DÉIXATE
QUERER, DÉIXATE QUERER,
DÉIXATE
QUERER POR DEUS(2)
Non
poñas trabas ao teu Amigo, non teñas medo a compartir
a
marabilla dunha amizade, que te sosteña no teu vivir. (bis).
CANTO:
NON
VOU SÓ, TEÑO UN AMIGO AO MEU LADO,
NON
VOU SÓ, EU SEI QUE DEUS ESTÁ COMIGO.
Unha
certeza nos guía ao longo do camiñar,
por
iso vimos a ti, alegremente a cantar (bis)
Brilla
no ceo unha estrela, para alumar o camiño,
para
que vexa o Señor no rostro do meu veciño. (bis)
Lectura de Xn 15, 12-17
Non me queres como escrava, Xesús,
quéresme como amiga.
Grazas.
Viviches a túa vida envolto en servizo
pensando en todos,
pensando en min.
Grazas.
Trátasme como a persoa amiga,
como a persoa escollida,
compartes comigo as túas ansias e praceres.
Grazas.
Quéresme viva e exuberante,
cargada de amores e solidariedades.
Grazas.
¿Saberei estar no meu sitio,
corresponder con amor a tanto amor,
con solicitude polos demais
a tanta solicitude como ti tes por min?
Canto tempo levo
estando contigo, Xesús!
Podo dicir que
desde o comezo da miña vida!
Pouquiño a
pouco,
moi pouquiño a
pouco,
a túa memoria
foise facendo carne da miña carne,
sangue do meu
sangue,
alento do meu
alento.
Algo polo menos.
Pero ¿que
testemuño dou de ti?
¿Que hai en min
que lle permita á xente
ver debuxados no
meu rostro
algúns trazos
polo menos do teu aire fiel, liberador?
Que o teu
Espírito,
o Espírito da
verdade e non da simulación,
poida testemuñar
en min con verdade
que ti es para
nós inocencia, gozo e liberdade!
3.- Momento de
solidariedade: o rostro de Cristo que eu coido ou quero coidar
4.- Acto de adoración a
Cristo e a alguén quen mellor o representa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.