Sobrado, 9 de xuño de 2019
Oración
da mañá / preparación para a Eucaristía
1.- Tempo de
silencio interior integrador para abrirnos ao Espírito
2.- Oración no
Espírito Santo
CANTO:
MANDAS O TEU
ESPÍRITO (3) /
E RENOVAS O
ROSTRO DA TERRA.
A miña alma
bendí o Señor, meu Deus ¡que grande es!
Estou
en ti, Espírito divino,
ti
que asentas a túa luz no meu seo,
Pai
amoroso do pobre,
dons
nos teus dons tan espléndido,
luz
que alumeas as vidas,
fonte
do maior consolo.
Estou
en ti, doce anfitrioa das vidas,
descanso
do noso esforzo,
tregua
no duro traballo,
brisa
nas horas de afogo,
gozo
que enxugas as bágoas
e
nas dores dás conforto.
Entras
ata o fondo do ser,
divina
luz e enriquécesnos;
¡que
grande o baleiro da xente,
se
ti nos faltas por dentro!
¡que
grande o poder da maldade,
se
me pecho ao teu alento!
Regas
a terra en secura,
sandas
o corazón enfermo,
lavas
as manchas, infundes
calor
de vida no xeo;
domas
o espírito indómito,
guías
a quen torce o carreiro.
Compartes
os teus infinitos bens
conforme
a fe dos teus servos;
na
túa inmensa bondade
dáslle
ao esforzo o seu mérito
salvas
a quen busca salvarse
e
dásnos o teu gozo eterno.
3.- Lecturas da
Misa de hoxe:
1ª: Feit 2, 1-11
2ª: 1Cor 12, 3b-7.12-13
Evanxeo: Xn 20, 19-23
Naquel día, o
primeiro da semana, ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os
discípulos por medo dos xudeus, chegou Xesús e, poñéndose no medio, díxolles:
—Paz convosco.
Dito isto,
mostroulles as mans e máis o costado. Os discípulos alegráronse vendo a Xesús.
El díxolles outra vez:
—Paz convosco.
Como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E, dito isto,
alentou sobre eles e díxolles:
—Recibide o
Espírito Santo; a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a
quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Comentario:
O Espírito andou
por alí, moi activo. Cóntannolo de mil maneiras. Posibilitou o encontro con
Xesús resucitado. E xerou os seus dons.
Os dons do
Espírito: Paz, alegría, sentido de misión: contar o experimentado, capacidade
de reconciliación consigo mesm@ e cara á demais xente.
A primeira e a
segunda lectura confírmannos que hai Espírito para todo o mundo, e que cada
quen o recibe e manifesta da súa maneira. ¿Cal é o meu Espírito, o don ou
dons que Deus me deu para o servizo da comunidade? Agradézoo, cóidoo,
contribúo con el ao coidado da comunidade, da sociedade?
4.- Cando xorde
o espírito
Cando xorde o
Espírito,
aparece a
pluralidade, agroma a diferenza
integrada polo
respecto, no amor.
Grazas, Señor.
Cando alenta o
Espírito,
cada un é cada
unha
co seu don, coa
súa graza particular
consentida,
valorada, recoñecida
como don
comunitario do creador.
Grazas, Señor.
Cando empuxa o
Espírito,
todos temos a
palabra,
todos temos
oídos para escoitala,
todos, todas,
nos facemos discípulas de todas,
nun canto
precioso á vida, ao seu candor.
Grazas, Señor.
Cando afala o
Espírito,
ninguén anula a
ninguén,
ninguén se
apropia de nada,
ninguén se
constitúe en señor nin en señora,
todos, todas nos
facemos pobres no Espírito,
a irmandade brilla con gran esplendor.
Grazas, Señor.
Cando o Espírito
é acollido,
as voces miúdas
son especialmente atendidas,
as voces pobres,
as voces pequenas,
as voces de quen
non ten voz,
as voces
oprimidas, apagadas, silenciadas,
as voces
femininas,
nun afán valente
de dignidade e honor.
Grazas, Señor.
Cando o Espírito
fala
falan as
linguas cohibidas, desprezadas,
coma o galego;
e son amadas,
coidadas, espalladas,
humildemente,
coma graza e don
particular,
como precioso
aporte enriquecedor.
Grazas, Señor.
5.- Rito de
imposición das mans
Cal é o don do
Espírito que eu penso ter como cousa especial miña, co que contribúo á vida da
familia, da comunidade, da sociedade?
Cal é o don que
me gustaría ter, ou que teño, pero está agochado en min por medos, covardías…,
e non me enriquezo con el, nin enriquezo a outras persoas?
Agradecendo o don que teño, desexando de corazón o
don que me gustaría ter, pídolle ao compañeiro/compañeira que me impoña as mans
no nome da comunidade, no nome do mesmo Deus.
Despois eu impóñollas a el/ela.
CANTO:
IDE E PREGOADE A NOVA DE DEUS,
IDE E PREGOADE A NOVA DE DEUS,
IDE E PREGOADE POLO MUNDO ENTEIRO,
IDE E PREGOADE A NOVA DE DEUS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.