A
IGREXA: CRISE E ESPERANZA
Quería Xesús
unha Igrexa? Como a quería?
Pola mañá estivemos pensando e
falando sobre a comunidade de seguidores e seguidoras que Xesús foi creando
ao redor de si. Aínda sen falar de
Igrexa, os relatos evanxélicos están cheos de elementos que deberían
caracterizar ao grupo de Xesús. É imprescindible volver ao Evanxeo para recrear
unha Igrexa ao estilo de Xesús, que é a que realmente nos pode prestar un
servizo axeitado a nós e ao mundo que nos rodea.
Tendo isto en conta e coñecendo o Evanxeo como en
parte o coñecemos,
-
¿Cal
é a túa actitude vital ante a comunidade cristiá na que participas, ante a
Igrexa en xeral? ¿Dóeche, sófrela, gozas con ela, considérala importante para
ti, para á sociedade, tés saudade do fermosísimo papel que podería xogar, do
grande servizo que podería ofrecer?
-
Das
cousas que a Xesús máis lle gustaba ver no grupo dos seus seguidores/as, ¿cales
cres ti que están dalgunha maneira presentes en ti, na comunidade da que formas parte e no
conxunto da Igrexa?
-
E,
ao revés, das cousas que Xesús máis valoraba para o grupo que se formou ao
redor del, ¿cales faltan máis en ti, na comunidade da que formas parte, no
conxunto da Igrexa?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.