(Segunda sesión: do 9
de novembro ao 14 de decembro do 2019)
Lecturas
GONZALEZ CARBAJAL, L., Un cristiano solo no es cristiano: la Iglesia. (Primeiro artigo do
Caderno de apuntes da Escola de Espiritualidade.
PAPA FRANCISCO: Exhortación apostólica “La alegría del Evangelio” (Evangelii
gaudium), Cap. 1º: LA TRANSFORMACION MISIONERA DE LA IGLESIA (nn. 19-49).
Cuestións que poden axudar a túa lectura:
DE GONZÁLEZ CARVAJAL
1.- ¿Por qué dicimos que “un
cristián so non é cristián”? González
Carvajal afírmao, pero non o razoa. ¿Cómo razoarías ti iso?
2.- ¿Igrexa servidora ou Igrexa
señora? ¿Igrexa que pretende presentarse como o “reino de Deus”? ¿En que
estilos e comportamentos se mostra como servidora e en cales como señora?
3.- ¿Cómo entendes iso de que a
misión da Igrexa é ser unha demostración provisional do plan de Deus para a
humanidade enteira? ¿En que cousas prácticas cres que se debería concretar esa
misión no noso momento histórico?
4.- O autor intenta razoar a
necesidade da participación social, política das persoas cristiás para ir
facendo deste mundo o “reino de Deus”, de crentes doutras relixións ou incluso
de non crentes. ¿Compartes eses razonamentos?
DO PAPA FRANCISCO:
1.- Fíxate en que cinco pasos
concreta o Papa iso de Igrexa en Saída. ¿Qué che parece esa proposta? ¿A quen
che recorda?
2.- ¿Pastoral en conversión,
conversión da pastoral? ¿Qué pretende afirmar o Papa con estas expresións? ¿A
que prácticas nos empuxa?
3.- O Papa insiste en que a
evanxelización realízase dentro de “límites”, e fai referencia a algúns deles.
¿Compartes esas reflexións e criterios?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.