(Cuarta sesión: 7 de
marzo de 2020)
O Bautismo e o Sacramento do Perdón
Lecturas
-
TORRES QUEIRUGA, A., Culpa, pecado e perdón (do material fotocopiado entregado pola
Escola de Espiritualidade.)
-
BURGALETA, X., Pecado, penitencia e madureza humana (do material fotocopiado)
Cuestións que poden ir
orientando a túa lectura:
1.- Reflexión: Habería pecados, se Deus non existise?
2.- Qué pecados preocupaban antes, cáles agora?
3.- Por qué se peca, sabendo que está mal e que,
moitas veces, non se querería?
4.- Diferenza entre “culpa” e “pecado” (cf. n. 1)
5.- Para ti a Igrexa foi culpabilizadora ou
liberadora? E agora?
6.- Confesarse ao cura, confesarse a Deus, sentido do
Sacramento do Perdón
7.- Examinar e dialogar sobre experiencias vividas
-
PAPA FRANCISCO,
Evangelii gaudium, cap. 3º “O
ANUNCIO DO EVANXEO” nn. 110-134; 160-175.
1.-Todo o pobo cristián é
evanxelizador. Repara en como entende o Papa a catolicidade: diferenzas que
enriquecen a unidade. ¿Qué che suxire?.
2.-Que é o que nos capacita para
sermos discípulos/as misioneiras, segundo o Papa? (nn. 119-121).
3.- O Papa vai presentando (nn.
122-134) diferentes espazos de evanxelización. ¿Cres que poderiamos incluír
algún máis?
4.- ¿Entendemos ben o significado
do Kerigma como “primeiro anuncio”? Nun momento misioneiro, aínda en xente
bautizada, ¿qué podería significar esa invitación a ter moi en conta o
“primeiro anuncio”.
5.-Ao “primeiro anuncio” débelle
seguir un bo proceso catequético, ben acompañado por persoas ben habilitadas. É
esta unha grande carencia na nosa Igrexa. ¿Cales che parecen as maiores
dificultades para poder cubrir esta carencia? ¿Cómo pensas que se podería
ofrecer este servizo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.