Tomamos conciencia de nós e de que estamos en Deus: espazo
familiar, comunitario, mundial, cósmico. Oramos desde aí: QUERO ESTAR AO TEU
LADO, MEU DEUS
Unción do Espírito.
Oramos con dous salmos de peregrinación, nesta nosa
peregrinación anual cara ao encontro cunha vivencia cristiá da experiencia
eclesial.
Canto
ERGO OS MEUS OLLOS CARA Á VIDA,
DE ONDE ME VAI VIR A AXUDA,
VAIME VIR DO SEÑOR DEUS,
QUE FIXO O CEO E MÁIS A TERRA. (BIS)
Salmo 123 (122) Versión oracional
(signo: os ollos, a ollada)
Cara a ti
alzo os meus ollos,
cara a ti,
Señor, o meu sustento.
Coma os
ollos do servo no señor,
coma os
ollos da serva na señora,
así están os
nosos ollos en ti,
Señor, noso
Deus,
confiando
sempre no teu amor.
Canto
precisamos, Señor, do teu amor,
canto
precisamos!,
pois estamos
fartos de desprezos.
Farta está a
nosa vida
das burlas
da xente satisfeita,
do desprezo
dos poderosos.
Gloria…
Salmo 124 (123) Versión oracional
(signos: as augas que asolagan,
o paxaro liberado)
Se o Señor
non estivese connosco
—que o diga
o seu pobo—,
se o Señor
non estivese connosco,
cando se
ergueron contra nós os opresores,
teríannos
engulido vivos
no incendio
da súa ira.
As augas xa
nos terían asolagado
e o torrente
pasado sobre nós;
xa nos
terían mergullado
as augas
escumantes.
Bendito sexa
o Señor,
coa súa
forza librámonos dos seus dentes.
A nosa vida
é coma o paxaro que se zafa
da rede do
cazador.
Rómpese a
rede
e nós
escapamos.
O noso
socorro está no nome do Señor,
que fixo o
ceo e máis a terra.
Gloria …
Silencio e compartimos
Memoria oracional solidaria
(brazos ergueitos)
MIRA, MEU DEUS,
AQUÍ ESTOU PARA QUERERTE,
ESTAS MANS,
ESTAS MANS PARA SERVIRTE
EN QUEN MÁIS PRECISE DELAS.
Noso Pai/Nai …
(dándonos as mans)
Bicos de Paz
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.