A IGREXA: CRISE E ESPERANZA
Núcleo vital 2º:
Evanxelizadores/as
nun contexto social desafiante e sometid@s a posibles tentacións internas.
Textos bíblicos:
Mt 6, 24: No
eterno conflito: Deus e o diñeiro.
Xn 16, 16-24: Na
ledicia que ninguén nos quitará.
Lc 12, 22-34: Na
confianza que supera os medos.
Xn 13, 31-35: No
respecto, coidado e amor mutuo.
Para entrar en
contacto coa túa experiencia de vida
—Do que acontece ao teu redor, que
é o que máis e o que menos favorece entre nós a formación dunha Igrexa ao
estilo de Xesús?
—Cales son as actitudes negativas
que máis te tentan, para non implicarte con forza na revitalización das nosas
comunidades cristiás da Igrexa?
—De que méritos da Igrexa te sentes
participando con orgullo san e agradecemento?
—Ata que punto os sacramentos son
significativos para ti? Cando os celebras (Bautismo, Eucaristía, Perdón…),
vívelos con rutina ou como algo que potencia en ti o teu apego por Xesús vivido
en comunidade, e o teu desexo de compartir coa xente a ledicia do Evanxeo?
Tempo de oración
—Busca un tempo, un espazo
axeitado.
—Toma conciencia de que estás na
compaña de Deus, en Deus, con Xesús, no Espírito. Déixate recrear nisto.
—Retoma algún texto da Evangelii gaudium, que che chegou á
alma, ou algunha das pasaxes evanxélicas que van ao comezo desta folla.
Reléaas, medítaas, reza con elas, déixate conmover por elas.
—Procura quedarte con aquela
frase, aquela palabra, aquel movemento interior positivo que máis se aviveceu
en ti durante a oración. Dálle espazo e forma na túa vida diaria.
—Remata cantando algo, rezando o
Noso Pai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.