A IGREXA:
CRISE E ESPERANZA
Núcleo vital 3º:
A
graza de ser persoa evanxelizada e evanxelizadora
Textos bíblicos:
Lc 8, 1-8: Co
equipo evanxelizador de Xesús, sementando o don de Deus.
Mt 5, 43-48: O núcleo do kerigma de Xesús.
Lc 4, 14-21: O
plan evanxelizador de Xesús segundo Lucas.
Xn 4, 4-42: Un
exemplo de acompañamento.
Para entrar en
contacto coa túa experiencia de vida
— Temos a experiencia de sermos
persoas bautizadas, de forma parte dunha comunidade cristiá (pequeniña Igrexa
local), de termos recibido o don do amor de Deus? Desde esa experiencia,
¿sentímonos de verdade implicadas na tarefa de vivir e compartir o evanxeo coa
xente que nos rodea?
—Temos algunha experiencia desa
evanxelización “persoa a persoa” na vida diaria, familiar, profesional, de
amizades?
— Tes algunha experiencia de ser
persoa acompañada no teu camiño humano e de fe, e tamén de acompañar a outras
persoas no mesmo?
— O sacramento do perdón está sendo
para ti un espazo onde experimentar a nosa condición de persoas pecadoras e
perdoadas desde o amor?
Tempo de oración
—Busca un tempo, un espazo
axeitado.
—Practica un símbolos sinxelos
que te axuden a situarte en oración: acender unha veliña, sentar de forma
implicada, relaxar o corpo, facer o nome do Pai con calma… Se rezas no medio da
natureza, contempla agradecido o que te rodea, que son sinais tamén da presenza
de Deus, …
—Toma conciencia de que estás na
compaña de Deus, en Deus, con Xesús, no Espírito. Déixate recrear nisto.
—Di o Papa na Evangelii gaudium que o fundamental do primeiro anuncio cristián é isto:
“Xesucristo ámate, deu a súa vida por te salvar, e agora está vivo ao teu carón
cada día, para te iluminar, para te fortalecer, para te liberar”. ¿Vivimos
isto, que é o fundamental do que podemos compartir? Procuramos entrar neste
mundo de realidades agradecendo momentos vividos, desexando, abríndonos a ese
don, reactivando a nosa condición de persoas evanxelizadas, para logo poder
evanxelizar ben.
—Remata cantando algo, rezando o
Noso Pai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.