18 marzo, 2020

Traballo entre sesións




(Quinta sesión: 9 de maio de 2020)

A Eucaristía e o Matrimonio


Lecturas
- TORRES QUEIRUGA, A., O matrimonio como sacramento (do material fotocopiado entregado pola Escola de Espiritualidade.)
-  TORRES QUEIRUGA, A., A Eucaristía encontro vivo co Señor (do material fotocopiado entregado pola Escola de Espiritualidade.)

Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
Eucaristía:
1.      Por que che parece que a Eucaristía é o sacramento central?
2.      Cando pensabas/pensas que Cristo se fai presente na Eucaristía?
3.      Se Cristo está sempre presente, qué significa a “consagración”?
4.      Son iguais todas as presenzas de Cristo? En que se diferencian?
5.      Significado e práctica da “comuñón”: pan e viño, Cristo, os demais, o mundo. Relaciona con isto o antigo “ite, missa est”!
Matrimonio
1.   Como explicaríamos para que é o matrimonio?
2.   O matrimonio civil é verdadeiro matrimonio?
3.   Que supón a celebración sacramental do matrimonio? Que vantaxes, que desvantaxes lle ves?
4.   Cando hai crise, que debe pesar máis: a falta de amor, a fidelidade á parella e/ou o ben dos fillos?
5.   Como vemos o que hoxe está a pasar co "matrimonio"?

- PAPA FRANCISCO,  Evangelii gaudium, cap. 4º “Dimensión social da evanxelización” nn. 176-258.

“Evanxelizar é facer presente no mundo o reino de Deus” (n. 176), empeza dicindo o Papa. Iso implica que  “Deus, en Cristo, non redime soamente a persoa individual, senón tamén as relacións sociais entre os seres humanos”(n. 178). Todo este capítulo está dedicado a desenvolver este aspecto social da evanxelización, e despois de  razoar esta consecuencia nos nn 177-185, vaina explicitando en tres apartados: “A inclusión social dos pobres” (nn 186-216), “O ben común e a paz social” (nn. 217-237), “O diálogo social como contribución á paz” (nn. 238-258). O primeiro apartado mestura sentido evanxélico e funcionamento económico; o segundo ten un matiz filosófico a partir duns principios repetidamente citados polo Papa; o terceiro propón o diálogo (fe ciencia, diálogo ecuménico, co xudaísmo, interrelixioso, social) como ferramenta básica de construción social.

                DA LECTURA DESTE TEXTO, QUÉ DÚAS COUSAS ME IMPRESIONARON MÁIS?

            Atopamos aquí xa, en xerme, moitas das mensaxes que posteriormente o Papa foi desenvolvendo en diferentes tempos e ocasións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.