22 novembro, 2020

IN MEMORIAM: Rosina Hermida Vidal

 

                                


Estarán vivos? Serán de pedra?
Aqués sembrantes tan verdadeiros
Aquelas túnicas maravillosas
Aqueles ollos de vida cheos.


Enamorada da poesía de Rosalía de Castro, Rosina, a nosa Rosina cando estudaba en Santiago, visitaba con moita frecuencia o pórtico da Gloria, e mentras contemplaba tanta beleza preguntábase como Rosalía ¿Estarán vivos? ¿Serán de pedra?

Así era ela, sensible ante calquera expresión de beleza. Unha paisaxe, un cadro, un poema os  Salmos, os texto dos místicos. En todos esos mundos que nos levan mais alá de nos, encontra Rosina a forza e a enerxía para levar adiante o seu ideal de traballar por un mundo mais xusto, mais igualitario, mais humán.

Xesús era o seu guía , o seu maestro. Seguir a Xesús levouna a estar preto do sufrimento, da pobreza , da soedade, para acariñar, para coidar, para dar esperanza, para humanizar vidas, como facía Xesús, sempre desde o silencio , a humildade e a discreción.

Foi enfermeira de recoñecida profesionalidad ata o seu retiro, profesión que lle permiteu estar ao lado dos mais débiles.

O seguimento de Xesús levouna lexos, ata Ecuador, para traballar nas comunidades de Monseñor Proaño, defensor dos indíxenas, uns dos maiores expoñentes da Teoloxía da Liberación e candidato ao Premio Nóbel da Paz. Esa experiencia de tres anos en Ecuador, marcouna profundamente para os seguintes anos da súa vida. Volveu enferma e tivo que conformarse con quedar aquí, na súa terra,  despois de moitas dudas. Sigueu comprometida,empezando pola  súa militancia nun grupo da HOAC, fogar da acollida de nenos e nenas, Mans Unidas, Cáritas, Calor e café e mais…… Sempre disposta a colaborar, a axudar.

Era muller de fe profunda, herdada da súa nai,  Peregrina,  que parecíase  moito a ela en todo. Non era muller de fe estancada, sigueu un proceso continuo de actualización e descobremento, ela mesma dí nunha entrevista publicada na revista Exeria “Descubrín unha nova teoloxía. A apertura aos pobres coñecinna en América pero aquí atopei a teoloxía de Queiruga que me fixo ir cambiando a relixiosidade na que me educaron por unha mais aberta, superando medos”. A Escola de Espiritualidade foi ano tras ano desde o seu comenzó en Sobrado dos Monxes, un espazo de crecemento para Rosina.

Encrucillada, Irimia, Foro de Encrucillada, Romaxes contaron sempre co seu apoio e a súa presencia.

Nas Mulleres Cristiás Galegas Exeria, encontrou compañeiras de camiño para novas búsquedas. Declárase feminista “teño conciencia da necesidade de defender o noso dereito pleno a ser persoas”

Tiña un profundo amor por Galicia “terra de bendisión”, amor pola lingua galega da que facía verdadeiro apostolado, a Marín o pobo donde naceu e o mais importante, un corazón cheo de nomes porque pasou pola vida facendo o ben. 

Amiga, compañeira. querida Rosina. Deisaches a túa barca na orilla, e da man de Xesús o teu maestro, chegache xa a ese MAR de plenitude, que toda a túa vida andiveches buscando e añorando. 


Seguimos queréndote. DESCANSA EN PAZ.

 


3 comentarios:

  1. Gracias, Elvira. Unida a todo o que dis da nosa querida Rosina. Q ben a coñecías e así a podes describir. Disfrutei léndote , porq o meu agradecemento e cariño, estaban con vós as dúas. Grazas Rosina polo teu ir pola vida sen facer ruído pero deixando as túas pisadas. Moitísimos bicos. Tere Feade

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Elvira Santos21:50

      Tere, todo o dito é verdade. Rosina deixou un recordo vivo porque foi un exemplo de vida é compromiso cristián. Moitas gracias a tí.

      Eliminar
  2. Pois, de verdade Rosina era fraternalmente solidária... Nós, aqui em Forjães, soubemos dessa sua disponibilidade de paritlhar com os mais vulneráveis. Continuamos unidos a ti, Rosina.

    ResponderEliminar

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.