CAPÍTULO SEGUNDO
Texto deste capítulo en galego: https://xanostesaqui.blogspot.com/2020/10/fratelli-tutti-todos-irmans-cap-2.html
(tradución de Nuria Núñez)
Guía para a lectura por Pilar Wirtz Molezún
O Papa Francisco despois de analizar tendencias do mundo actual que non favorecen a fraternidade universal, e antes de concretar algunhas liñas de acción nos capítulos seguintes, trata de ofrecer "unha luz no medio do que estamos vivindo". Para isto, centra este segundo capítulo nunha parábola dita por Xesucristo hai dous mil anos: a parábola do bo samaritano. (56)
Algunhas claves de lectura que nos ofrece Francisco:
Ao confrontarnos coa presenza dunha persoa ferida desaparecen todas as diferenzas. Xa non hai distinción entre habitante de Xudea e habitante de Samaría, non hai sacerdote e comerciante. Simplemente hai dous tipos de persoas: as que se fan cargo da dor e as que pasan de largo.(70)
As que pasan de largo na parábola son persoas relixiosas. Isto indica que o feito de crer en Deus e de adoralo non é garantía dun vivir como a Deus lle agrada. Ás veces quen di non crer pode vivir a vontade de Deus mellor que os crentes. (74)
Todas as persoas gozamos dun espazo de corresponsabilidade capaz de iniciar e xerar novos procesos de transformación. Todas temos a oportunidade de manifestar a nosa esencia fraternal e ser unhas boas samaritanas. (77)
Non debemos facelo soas. O samaritano buscou un hospedeino que puidera coidar daquel home na súa ausencia. Nós tamén estamos invitadas a convocar e encontrarnos nun nosoutros que sexa máis forte que a suma das pequenas individualidades. (78)
Xesús propón esta parábola ante a pregunta do xurista: quen é o meu próximo? Naquela sociedade pensaban que este era só a persoa do mesmo grupo, da mesma raza. Xesús transforma completamente este plantexamento: invítanos a facernos próximos de todo ser humano que sofre, sen importarnos onde naceu ou de onde ven. (80)
Para as persoas cristiás hai outra dimensión transcendente: recoñecer ao mesmo Cristo en cada irmán ou irmá abandonada ou excluída. A fe colma de motivacións o recoñecemento do outro, quen cre pode chegar a recoñecer que Deus ama a cada ser humano cun amor infinito.(85)
Preguntas que nos ofrece o Papa para axudarnos a pensar e cambiar:
Con que personaxe desta parábola te identificas máis? A cal deles te pareces?
Todos e todas nós temos encontrado algún ferido no camiño: facemos de samaritano, de hospedeino, dos que miran para outro lado e pasan de largo. Qué aspectos recoñeces en ti de cada un deles?
É a hora da verdade: en adiante, inclinarémonos para tocar e curar as feridas das outras persoas? Inclinarémonos para cargarnos ás costas unhas a outras?
Neste Cap II que o Papa adica á parábola do bo Samaritano gustoume moito no p.57 o que chama un transfondo de siglos, e vai mostrando textos da Biblia (Antigo e Novo Testamento) nos que está presente a nacesidade e a obriga que temos de coidarnos uns a outros.E non só aos nosos, é unha chamada universal que abarca a todos pola sua condición de humanos. Coidarnos leva implicado coidar do planeta e de toda a creación. No punto 69 o Papa afirma que todos e todas temos algo de cada personaxe da parábola. Pois sí, é un bo momento para reflaxionar donde estamos cada un, cada unha de nos.O Papa dí que é posible comenzar polo mais concreto e local. Traballando con outros porque tomos somos responsables .A idea do "próximo sin fronteiras" axúdanos a dar á nosa capacidade de amar unha dimensión universal.
ResponderEliminar