Eu tiven un profesor que nos aconsellaba empezar a lectura do libro polo
índice: cando está ben feito, serve de orientación estupenda. Paga a pena
facelo con este capítulo da encíclica.
O principio radical é: só somos de verdade nós mesmos, se nos abrimos e, no
posible, nos entregamos aos demais.
Aos que están preto para non caer en idealismos: trato na familia, cos veciños,
cos grupos aos que pertencemos.
Aos que están lonxe na xeografía, ou apartados, necesitados na sociedade,
para non confundir amor con solidariedade de tribo: só me interesan “os meus”,
na clase social, na política, na relixión.
Fratelli tutti: fillas e
fillos do único Pai, todas as persoas humanas somos irmáns e irmás e so cremos
de verdade en Deus se cremos de verdade,
é dicir, con verdadeira fe, nos
irmáns
As necesidades das persoas non son só materiais. Están tamén: 1) o cariño,
o respecto, a compaixón co próximo so noso lado e 2) o ambiente moral, o
testemuño relixioso e a confesión explícita da fe son hoxe moi necesarios e
nada fáciles, fronte á moda, ao que loce, ao que se aplaude.
Penso que tomar como guión estas ideas e ir examinando como están presentes
e se realizan na nosa vida, pode ser unha boa “guía de lectura” para todos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.