(Terceira sesión: 2 de abril de 2022)
Deus crea por amor
Lecturas:
TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora. SEPT, 1996
- Deus crea por amor (Cap. II, páxs. 69-108)- Moral e teonomía (Cap. IV, páxs. 163-200)
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
1. Cando traballas, descansas, vas ao cine…, pensas que Deus está contento por iso ou que non lle importa, porque o importante é rezar, ir á misa, facer “obras boas”? Non se trata de contestar coa cabeza (coas ideas que descorro como debe ser), senón co corazón, coa reacción espontánea durante a vida ordinaria.
2. Realmente, cando algo che sae ben, sentes que Deus está aí contigo, contento? Compara cos casos en que algo che sae mal, hai desgraza ou sufrimento.
3. Se che pregunta alguén: “por qué non debemos roubar”, que lle contestas ou contestarías de maneira espontánea?
4. Realmente, pensas que sen moral non serías máis feliz, facendo o que che dá a gana, sen mandamentos nin imposicións? Contesta desde a vida.
5. Cando se trata de moral, de portarse ben, de ser honrado ou honrada en situacións difíciles que van contra o propio interese, sentes a Deus como un xuíz que te xulga ou como unha compañía que te axuda a portarte ben e a comprenderte aínda que faltes?
6. Se de repente chegaras á convicción de que Deus non existe, a túa conduta moral sería a mesma ou distinta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.