25 maio, 2022

4º Encontro Escola de Espiritualidade curso 2021 / 2022

 


CONVOCADAS Á VIDA POR XESÚS RESUCITADO

Introdución dos cirios pascuais

Canto
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA VER A LUZ,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA SERMOS LUZ,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA VER,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA SER,
QUE A TÚA LUZ NOS FAGA A NÓS DAR LUZ

Revivimos a resurrección de Xesús. Silencio. Mañá de resurrección. A morte de Xesús prolongada en nós, no mundo. Unímonos a María, a de Magdala, na dor, na ansia, no amor, na busca, na misión.

Lectura de Xn 20, 1 - 18

Canto:
QUE BEN SEI EU DA FONTE QUE MANA E CORRE
ANQUE É DE NOITE
Salmo
Bendito sexas, Xesús,
irmán maior e mestre,
esplendor da gloria de Deus,
orgullo da raza humana,
abandeirado e artífice de toda comuñón,
que co teu sangue callado en amor e polo amor
soldas todas as rachaduras
que nos impiden vivir en unidade connosco,
coa demais xente toda,
con toda a creación,
con Deus.

Bendito sexas, Xesús,
desconcertante sabedoría de Deus Pai,
luz que todo o iluminas,
auga que a todo dás vida,
alento que todo o vigorizas,
servidor que todo o alivias,
perdón que todo o restauras,
amor que todo o liberas,,
mesa á que a todas nos convidas.
pan que todo o alimentas.

Bendito sexas, Xesús irmandiño,
exemplo de integración total,
compañeiro fiel no camiño da xustiza e da tenrura,
traballador da solidariedade
desde o máis baixo e esquecido,
amosando os xeitos do Espírito,
que alenta os gustos e preferencias
do noso Deus Nai!

Bendito sexas, Xesús, forte e persistente,
que nunca recuaches ante ningunha forza de exclusión.
Deches a cara, o sangue, a vida,
polo soño comunitario de Deus,
e diariamente sostés os nosos soños
e os fas humildes, valentes, confiados,
a pesar .de nós e das nosas falcatruadas!

Bendito sexas, Xesús,
rostro humano de Deus Pai, Nai,
para desvelarnos a nosa identidade máis simple e verdadeira:
sermos contigo criaturas da gran casa común
ese universal tecido sen costura,
do que papama Deus o é todo en todas as criaturas,
e todas as criaturas serémolo todo en Deus,
inxeridas para sempre na vida da súa vida.


Preces:

Na pregaria abrimos o mundo á vida de Deus
QUE A VIDA MEDRE NAS NOSAS MANS


Noso Pai/Nai, en quen somos e vivimos...


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.