(7 de maio - 4 de xuño)
Deus crea por amor
Lecturas:
TORRES QUEIRUGA, A., Recuperar a creación. Por unha relixión humanizadora. SEPT, 1996
- Deus crea creadores/as (Cap. III, páxs. 109 - 160)- Máis alá da oración de petición (Cap. VI, páxs. 247 - 295)
Cuestións que poden ir orientando a túa lectura:
1. Como interpretas hoxe, de verdade, as palabras “quen queira vir detrás de min, que se negue a si mesmo”?
2. Tomamos en serio que “o que nós non fagamos non o vai facer Deus”..., por moitas oracións ou rogativas que se fagan?
3. Amar a Deus, amar as persoas por si mesmas, amalas por amor de Deus, amalas porque se cre en Deus..., como se entende todo iso?
4. Cando ollamos as persoas que “non cren”, pensamos en que Deus se preocupa por que crean ou porque “sexan felices”, aínda que non crean?
5. Pensar no movemento fondo da Biblia: vai de nós a Deus pedíndolle nós a El, ou de Deus a nós pedíndonos El a nós? Recordar textos e escenas do Antigo e do Novo Testamento.
6. Ten sentido que Deus nos estea sempre chamando a que amemos, axudemos..., e que nós o esteamos tamén sempre chamando para que El ame e axude?
7. Como se vai desenvolvendo vitalmente a nosa oración na relación viva e consciente con Deus?
Pensar un pouco na necesidade real de respectar e apreciar a “tradición”..., e na posibilidade de o facer cambiando o modo como ela se expresaba. Tomar en serio a dificultade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Reservámonos o dereito de determinar que comentarios non deben ser publicados co obxectivo de manter un diálogo respetuoso, enriquecedor e fluido.