13 xuño, 2019

Tempo Ordinario: 11ª semana




16 de xuño: Solemnidade da Santísima Trindade

Evanxeo: Xn 16, 12-15
Unha vez díxolles Xesús ás persoas que o acompañaban:
—Aínda teño moitas cousas que vos dicir, pero non podedes con elas agora. Cando veña El, o Espírito da verdade, havos encamiñar á verdade plena, pois non vos falará pola súa conta, senón que vos dirá o que escoitou e anunciaravos o que ha de acontecer. El hame glorificar, pois recibirá do meu e proclamarávolo. Todo o que ten o Pai é meu, por iso díxenvos que recibirá do meu e volo manifestará.

05 xuño, 2019

Tempo Ordinario: 10ª semana




9 de xuño: Domingo de Pentecoste

Evanxeo: Xn 20,19-23
Naquel día, o primeiro da semana, ao serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos por medo dos xudeus, chegou Xesús, púxose no medio deles e díxolles:
—Paz convosco.
Dito isto, mostroulles as mans e máis o costado. Os discípulos alegráronse vendo o Señor. El díxolles outra vez:
Paz convosco; como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E, dito isto, alentou sobre eles e díxolles:
—Recibide o Espírito Santo; a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.

04 xuño, 2019

5º Encontro 2018 / 2019






1.      Introdución dos signos pascuais: cruz, loureiro, luz e auga.
   O loureiro está enriba da mesa.

a)      Entrada do cirio pascual, estando a escuras.

CANTO:

A Cristo cantamos na luz que alumea,
a Cristo cantamos co lume da fe.

PREGARIA:

Grazas, Xesús, que me iluminas
coa luz vigorosa do teu rostro,
cos rostros ignorados de quen sofre
á espera de olladas solidarias.     

b)      Entrada da auga.

CANTO:

Que ben sei eu da fonte
que mana e corre
anque é de noite.

(Aspersión coa auga bautismal)

PREGARIA:

Grazas, Xesús, que me renovas,
facéndome inocente, transparente,         
gozando a fonda dita de ser fill@,
de ser irmá, irmán, familia, pobo,
nesta longa ascensión cara o teu seo
onde todo está en ti, e ti en todo.

29 maio, 2019

Tempo de Pascua: 7ª semana




2 de xuño: domingo 7º de Pascua

Evanxeo: Lc 24, 46-53
Nunha ocasión díxolles Xesús ás persoas que o acompañaban de cerca:
—Así está escrito: O Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día, e predicarase no seu nome a conversión e máis o perdón dos pecados a todos os pobos, empezando por Xerusalén. Vós seredes testemuñas de todo isto. E eu heivos mandar o don prometido por meu Pai. Mentres tanto seguida na cidade, ata que se vos revista co poder que vén de arriba.
Despois levounos para fóra a un lugar preto de Betania e alí, erguendo as mans, bendiciunos. E mentres os bendicía, foise separando deles e foi elevado ao ceo. Eles, despois de se prostraren ante el, volveron para Xerusalén cheos de alegría. E seguían decote no templo bendicindo a Deus.